Un día máis é UN DÍA MENOS!!! 👀Aquí seguimos ficando na casiña, pero en movemento para manternos activos en corpo e mente.
Permítome a licencia de citar aquí as verbas do gran psicopedagogo Francesco Tonucci: "A cociña é un taller científico para os nenos e nenas. deben aprender a cociñar...Así estamos facendo física, química, literatura..."
Esta reflexión invítanos a reflexionar que hay e existe aprendizaxe en tódalas pequenas cousas, en actividades da vida cotiá... nas nosas casas, hai aprendizaxe!
Hoxe volve polo nosa cociBaliño a nosa compi VICKY de 3º, que nos trae unha receita familiar moi xeométrica (pirámides de crema) para deleitar con nosos nesta ponte do 1 de maio: CAÑAS DE CREMA #EUQUEDONACASA
QUE FELIZ SE CHE VE PEQUENA GRAN COCIÑEIRA!
Para a masa:
- 500 gr de fariña
- 250 cl de auga
- Fermento de panadaría.
- unha pizca de sal
- un pouquiño de aceite de xirasol
- azucre glas
Para a crema:
- 2 sobres de flanín.
- leite
E ademais precisamos moldes de metal.
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturar ben todos os ingredientes e amasar ben
- Unha vez amasado, deíxase levedar durante 15 ou 20 minutos.
- Córtase e enrólase a masa nos moldes.
- Nunha tixola con aceite ben quente, fríense e deixamos escurrir nun prato con papel absorbente.
- Cando están frías, desmóldanse.
- Preparamos a mestura de leite con flanín, remexendo ben e reservando.
- Enchémos as cañas co flanín (que debe estar frío, temperatura ambiente)
- Sírvense, decorando con azucre glas.
Xa temos lista outra sobremesa que de seguro en tódalas casiñas gusta!!
Vicky deíxanos a súa receita escrita tamén...
MOITÍSIMAS GRAZAS A VICKY e a súa familia, por facer dos seus ratos na cociña, bos ratos no noso blogue cociñeiro.
Esperámosvos sempre neste recuncho!!
BICOS E APERTAS
VIRTUAIS A MOREAS!!💋💋💋💋👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario