miércoles, 22 de abril de 2020

PIZZAS PAN DE MOLDE #EUQUEDONACASA

Un día novo espertamos coas máis gañas que onte pero menos que mañá de que todo isto remate e volvamos as nosas vidas e as nosas rutinas. Porque sí compañeiros e compañeiras, somos animais de rutinas!Pero é un pracer coma cada día, anunciarvos que xa queda...UN DÍA MENOS!!! Un pouquiño máis de esforzo valentes heroes e heroínas. Seguimos sendo IMPARABLES E INVENCIBLES!!👊👊👌

Hoxe voltan a pasarse pola cociBaliño o noso compi MATEO E SEU IRMÁN, que están moi activos na súa cociña da casiña!! Encántanos!!Tráennos unha receita de PIZZA DE PAN DE MOLDE #EUQUEDONACASA.


INGREDIENTES:
  • pan de molde
  • tomate
  • queixo raiado
  • xamón
  • piña
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Preparar as rebandas de pan que se precisen.
  2. Engadir tomate, queixo raiado, xamón e piña ao gusto
  3. Meter ao forno e controlar un 10 minutos máis ou menos.





LISTAS, SINXELAS, RÁPIDAS E DELICIOSAS! (podedes facer o mesmo pero poñendo de base rodas de calabacín, probade a facelas, de seguro que vos gustan!

MOITISIMAS GRACIAS MATEO E FAMILIA, un gusto ter novas vosas outra vez!! Agradecemos enormemente que nos enviedes todas as propostas que vos apetezan.

Biquiños virtuais!!💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA