Comeza un novo día na nosa cociña virtual e éncheseme a boca para anunciarvos que xa queda...UN DÍA MENOS!😛
Hoxe, domingo, inaugura un novo mes, Abril, a nosa compi SOFÍA de 6º e Belén, que nos presentan a receita dun delicioso BISCOITO DE IOGUR DE LIMÓN #EUQUEDONACASA
INGREDIENTES:
- iogur de limón
- 3 ovos
- 1 vasiño de aceite de xirasol (medida do vasiño de iogur)
- 2 vasiños de azucre (medida do vasiño de iogur)
- 3 vasiños de fariña (medida do vasiño de iogur)
- unha culler de fermento.
PASOS ELABORACIÓN:
- Nun recipiente separamos as claras das xemas.
- Batemos as claras a punto de neve.
- Engadimos as xemas e o vaso de aceite e mesturamos.
- Engadimos os dous vasiños de azucre e o fermento. Mesturamos.
- Incorporamos os tres vasos de fariña e seguimos mesturando.
- Vertemos nun bowl para o forno e metémolo dentro a 180 º , durante aproximadamente 25 minutos
A SABOREAR!!!!👌😋
Graciñas SOFÍA E BELÉN, por compartir con nós a vosa receita e os vosos momentos. É xenial contar coa vosa participación!!!
Sofi tamén nos deixa a súa receita escrita por ela mesma. Non hai caso que estades a traballar un montón!! Sodes xeniais!
Grande Sofi!😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘
ResponderEliminar