jueves, 26 de octubre de 2023

Marmelo caseiro no Baliño

 A cativada de 3º e 4º, aproveitando que é tempo de marmelos, preparou un delicioso marmelo para logo dar conta del nas nosas sobremesas no comedor. Seguiron as instruccións dunha experta en realizalo na súa casiña, a súa titora a mestra Maite. Lavaron, cortaron, retiraron as sementes do corazón, partiron e puxeron nunha cacerola a lume lento xunto con panela (sustituto do azucre)…Remexeron, esperaron… ata conseguir a textura axeitada… et voilâ!

Esta actividade enmarcada no Plan Proxecta "Nutriescolas" e traballando coordinadamente co Proxecto "Voz Natura", nos que participamos, foi seleccionada e relacionada co proxecto de centro “Coñecendo a provincia: lucus Augusti”. A alimentación e o aproveitamento dos productos que nos da a terra son aspectos fundamentais na nosa terra galega. De aí, a realización de moitas propostas que parten de productos próximos que atopamos en terreos que rodean á nosa escola cedidos por mestres/as, familias… ou incluso da nosa pequena hortiña.

Ademais hai que engadir que as actividades realizadas, teñen un caracter interdisciplinar, xa que se traballan dende as diferentes áreas do currículo (Ciencias Naturais, Matemáticas, Linguas...)

Velaquí podedes ver o resultado. 

En canto ao sabor… iso so o podemos saber nós pero asegurámosvos que o disfrutamos!




jueves, 19 de octubre de 2023

Crema de castañas

 Os nenos e nenas de 1º e 2º xunto con seu titor Jimmy, levaban un tempiño investigando e aprendendo sobre o reino das plantas, proxecto dentro da área de Ciencias Naturais. En concreto e tendo en conta o Pdi da escola Coñecendo a provincia: lucus augusti, achegáronse as árbores galegas e lucenses máis comúns que atopamos nas montañas e preto dos ríos Sil e Miño. E como non, unha das árbores por ontonomasia é o noso coñecidísimo CASTIÑEIRO. Ai pero do castiñeiro obtense o froito da castaña… e a castaña está nun ourizo que pincha… como as sacamos de aí? Pois tamén o practicamos, saíndo a recollelos a un souto próximo. Como mola a natureza! 

E aí xurdiuna idea, rematar o miniproxecto cunha receita tamén típica, Crema de castañas, que logo aproveitamos para degustar nunha merenda compartida.




martes, 10 de octubre de 2023

O millo

Os pequenos e pequenas de 1º e 2º, xunto co seu titor Jimmy, investigan sobre o Reino Vexetal, na área de Ciencias Naturais, e decidiron profundizar no coñecemento deste producto, O MILLO e as súas posibilidades. 

Empregaron os sentidos para ver, ulir, manipular…facendo diferentes actividades co millo: debullar, contar, clasificar en grupos de 10 (aproximación á decena), debuxar, coñecer a planta e as partes (follas, carozo…) e ata aprendemos unha canción que conta moitas cousiñas de cal é o proceso a seguir para obter fariña do millo. Temos pendente intentala facer nós mesmos!

Foi unha actividade xenial!  



jueves, 5 de octubre de 2023

Actividades na nosa hortiña e no noso xardín

O Monte Baliño comezou as súas actividades de preparación e mantemento do entorno da escola, xardín e horta.

Actividades interdisciplinares e coordinadas realizadas dentro dos Proxecto "Voz Natura" e Plan Proxecta "Nutriescolas" no que participamos dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO. Diferentes grupos, baixo supervisión de mestres e mestras, realizaron diversas tarefas: plantación de arbustos e plantas aromáticas (aproveitando como testos decorativos, neumáticos vellos decorados) e plantación de verduras de tempada e recollida de froitos como a cabaciña que podedes albiscar no video.





  

miércoles, 4 de octubre de 2023

EXCUSIÓN GRANXA O PALOMAR (LÁNCARA) E PRODUTOS LÁCTEOS

Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar.  Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.

O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais... 

Vaia paparota de merenda!!!

Canto aprendemos e que ben nos trataron... 





ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA