jueves, 18 de marzo de 2021

BATIDO DE FRESAS E PLÁTANO NA AULA DE INFANTIL

Os pequenos e pequenas do Baliño, alumnado de Infantil, son grandes "comedores" de froita. En xeral, encántalles! 

Desta volta, decidiron preparar a súa merenda, tentempé da mañá eles mesmos e en versión líquida. Con fresas, plátano e leite, elaboraron un fresquiño e apetecible BATIDO🍓🍌

Que ben se sinte un e que ben sabe se te preparas ti mesmo xunto cos compis a merenda!!! Obviamente non perdemos de vista cumprir con tódalas medidas hixiénicas necesarias: lavado de mans, uso de tapabocas, distancia de seguridade durante a degustación (dentro do noso grupo burbulla de convivencia)

Como nos vos podemos dar a proba, deixamos que vexades cal foi o proceso e como nos poñemos as botas!!

Así celebramos a chegada de primavera🌼🌼🌼🌼🌼🌼



martes, 9 de marzo de 2021

ALMORZOS SAUDABLES NA AULA DE 1º E 2º

A rapazada da aula de 1º e 2º xunto coa súa titora Maite, tiveron un almorzo do máis saudable, deleitando froitos secos e froitas da tempada variados (mazás, mandarinas, abelás, noces e améndoas)

Este almorzo fonte de enerxía e cheo de nutrientes que coidan do noso corpo, xurdiu a partir do traballo das plantas na área de Ciencias.















viernes, 5 de marzo de 2021

BUFO DE FROITA

Para dar comezo ao mes de Marzo, o grupo de convivencia formado polo alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, fixeron unha xuntanza culinaria na aula de Infantil.

Alí, xunto coas súas titoras Ana e Maite, prepararon unha deliciosa e saudable merendola para o tempo de lecer: UN BUFO DE FROITAS VARIADAS Gozaron tanto facéndoa como coméndoa!

Por descontado, dicir que se mantiveron todas as medidas de hixiene oportunas: lavado de mans, tapabocas e distancia cando degustaron a súa sobremesa.

Compartiron aprendizaxe, colaboraron, fixeron voar a súa imaxinación e creatividade, traballaron a orientación espacial, motricidade fina, seriación, traballo en equipo, respeto de opinións... e sobre todo, pasaron tempo xuntos.

Anotade os ingredientes e animaivos a pasar un bo anaco de tempo:

  • Piña en rodadas
  • kiwis
  • amorodos
  • uvas brancas
  • uvas tintas

Velaquí vos deixamos un video no que recollemos momentiños da súa obra alimenticia!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA