miércoles, 30 de diciembre de 2020

CATEGORIZANDO ALIMENTOS

Estes rapaces e rapazas de 1º e 2º, xunto co seu mestre Jesús, están a aprender moito dos alimentos. Hoxe traénnos unha actividade que consistía en categorizar os alimentos atendendo a tres criterios:

  • os que nos proporcionan enerxía
  • os que fan que funcione o noso corpo
  • os que nos axudan a crecer 


E velaquí tedes a minireportaxe fotográfica da súa tarefa.

Moitas gracias por nos ensinar cousiñas e compartir o voso traballiño!







miércoles, 2 de diciembre de 2020

OBRADOIRO OUTONO CONTACONTOS

O pasado venres voltou a visitarnos Iria, a mami dos nosos compis Lila e Fiz. Esta vez troúxonos un obradoiro para o grupo de convivencia de Infantil e 1º/2º de Primaria. 

A actividade que nos presentou xiraba entorno ao seu libro "Pilonga e Amanito"


Comezou cunha pequena introducción sobre o OUTONO na que falamos das cores, as paisaxes, o clima... os productos do outono, coma os cogumelos e porqué.

Amosounos fotiños de diferentes cogumelos e contounos as súas características e cales se podían e non consumir. 

Tras isto, continuou cunha sesión de contacontos do seu libro.

Para rematar este obradoiro tan entretido, propúxolles aos pequenos e pequenas colorear e deseñar a súa propia casa-cogumelo e o máis divertido de todo, fixeron un collage no que se representaron a sí mesmos coma se fosen gnomos

Foi unha mañá diferente e cunha actividade moi completa.

Encántanos recibir visitas!! Agardámosvos de novo cando gustedes. Sempre sodes benvidos.

Moitísimas grazas Iria.😘







Agradecementos MÚSICA VIDEO:  https://www.bensound.com

jueves, 26 de noviembre de 2020

ANÁLISIS DAS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS EN 5º E 6º

Os maiores do noso cole na unidade de Alimentación e Saúde da área das Ciencias Naturais, estiveron a darlle voltas a pirámide alimenticia: en que parte da pirámide se situaban os alimentos, cales eran máis recomendables e cales tiñan que ter unha frecuencia e consumo menor, os ricos en hidratos, vitaminas...

Falando falando, e unha vez chegados aos compoñentes dos alimentos e de que para sabelo deberían observar as etiquetas que os acompañan nos envases, a súa mestra Lau, mandoulles facer un pequeno traballo de investigación.

En que consistiu?

Primeiro: búsqueda na casa da etiqueta dun produto.

Segundo: recoñecemento, discriminación e recollida de información dos datos solicitados.

Terceiro: análisis da cantidade de valor nutricional que tiña en comparación co peso total.

Un traballo completo, productivo e funcional sobre os compoñentes e valor enerxético do que consumimos.

Queda, coma sempre, constancia fotográfica dos seus traballos!!

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!








miércoles, 25 de noviembre de 2020

RECEITAS CATIVAS CON IRIA E DANI

O pasado venres, no Baliño, tivemos o pracer de recibir a visita duns papis moi creativos, a familia (mamá e papá) dos nosos compis Fiz e Lila. Chámanse Iria e Dani.

E que viñan a facer? Pois a presentarnos o seu libro "Grandes Receitas: o raposo Rufo" e a contarnos cousiñas relacionadas coa alimentación saudable.

Algúns non coñecían a Rufo, o seu raposiño protagonista dos contos, así que presentárono. Logo explicaron a cantidade de graxas e azúcares de diferentes alimentos comparándoos dun xeito moi visual coa súa equivalencia en terróns de azucre. Dixéronnos que era moi importante elaborar e consumir menús equilibrados e que preparalos na casa xunto coa familia era moi divertido, por exemplo a súa receita de gofres.😋😋

Logo desta sesión de interacción comunicativa, pasamos a práctica. Os nosos pequenos e pequenas tiveron que reflexionar e debuxar un prato saudable basado no que previamente nos proxectaron Iria e Dani.

Pasar o rato con eles, foi un xeito diferente de comezar as nosas mañás e non sabedes como agradecemos as visitas educativas nestes intres da nosa vida (por suposto, coas medidas de protección necesarias)

Gracias aos dous por compartir con nós o voso libro (polo agasallo do mesmo para a biblio) e por todo o que nos ensinastes neste día.

Agradecémolo moitísimo e deixamos evidencia fotográfica do momento recollida neste pequeno video.

Voltade cando queirades!

Por suposto, o libro xa forma parte da nosa pequena biblioteca e Lerín convídavos a gozar coa lectura del e a realizar algunha das súas moitas receitas. Tédelo á vosa disposición en Biblio Baliño.




jueves, 19 de noviembre de 2020

QUE DEBO ALMORZAR?

Pois deste xeito atallaron os nosos peques de 5º de educación Infantil o tema do almorzo, seleccionando cales eran os alimentos máis saudables e aconsellables para comezar a mañá con moita enerxía.

Ana, a súa mestra, explicoulles cales eran as vantaxes e inconvintes de elixir un ou outro para o noso almorzo e para a nosa saúde... Quedoulles "claro, clarinete" que o exceso de azúcares era pouco recomendable.

Velaquí os tendes traballando na tarefa!











martes, 17 de noviembre de 2020

MANIPULANDO E APRENDENDO DA ALIMENTACIÓN EN 1º E 2º

Hoxe o mestre Jesús, propúxolles aos seus pequenos e pequenas de 1º e 2º de primaria, un material manipulativo e moi visual para traballar contidos da áreas das Ciencias Naturais relacionados coa ALIMENTACIÓN.

Comezaron por ordear secuencialmente as cinco comidas máis importantes do día; averiguaron/investigaron sobre a frecuencia de consumo axeitada de certos alimentos, para rematar clasificando os alimentos atendendo a súa orixe: naturais ou elaborados.

Un traballo moi completo que de seguro lles quedou gravado na memoria, xa que se transformamos as aprendizaxes en xogo todo se interioriza mellor.

NORABOA a este equipo!! Seguide así!

Deixámosvos unha pequena mostra do traballo na aula recollida en fotografías.








viernes, 6 de noviembre de 2020

EXPOSICIÓN VIRTUAL CABAZAS DE SAMAÍN

 BOOOO BOOOO!!! 👻👻

Como nos iamos a esquecer da nosa exposición de cabazas de terror!🎃🎃🎃🎃

Pero claro este ano, decidimos que para evitar a tentación de tocar (aínda que vos aseguramos que os nosos nenos e nenas se están a portar de medo cumprindo as normas que a algún dos maiores tanto lle están a custar), era mellor facer a nosa exposición de xeito virtual. 

Así podemos compartir, en formato fotográfico, os seus traballos e as  súas creacións para que todos gocemos da creatividade que desbordan.

A través desta actividade coñecen e manipulan froitos/froitas de outono, traballan a creatividade, deixan voar a imaxinación, traballan autonomía, motricidade fina, toma de decisións... e por suposto, gozan de tempo en familia traballando habilidades sociais,

Uns traballos terroríficamente fantásticos!👽👾👿💀

Moitas gracias pequenos e pequenas e moitísimas gracias ás vosas familias por participar dende as vosas casiñas coas nosas propostas. 

Nunca deixades de sorprendernos e nunca deixaremos de agradecérvolo!!
































ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA