Benvidos ao noso blogue Aliménta-t Baliño. Nel recolleremos todas as actividades e receitas que realicemos dentro do proxecto ALIMÉNTATE BEN no que participamos. O noso obxetivo é concienciar sobre hábitos de alimentación o máis saudables posibles, coñecendo os diferentes alimentos e as súas características e manipulándoos dun xeito o máis atractivo e motivador que poidamos. Animádevos a quedar con nós e seguir as nosas alimenta-aventuras!
jueves, 12 de mayo de 2022
PLAYING AND LEARNING WITH TEACHER NATI AND MADI
viernes, 28 de mayo de 2021
ESCORNABOTS SAUDABLES e ESPETOS DE FROITA SAUDABLE
Seguimos a aprender cos escornabots dentro das nosas aulas. Unha maneira atractiva, divertida e manipulativa de achegar coñecementos aos nosos pequenos e pequenas.
Esta vez Bluebot visitou a aula de Infantil na hora de estimulación da linguaxe e traballlamos o vocabulario das froitas (cereixas, limón, marmelo, laranxa, mandarina, figo...) e das árbores froiteiras (cerdeira, limoeiro, marmeleiro, laranxeira, mandarineira, figueira...)
Como xogamos? Lanzamos o un dado xigante coas árbores e segundo a que nos indicaba, programamos a Bluebot para chegar a súa froita correspondente.
O que acertaba, gañaba un escornapunto!
Ao día seguinte tivemos sorpresa saudable coas froitas: seguimos series dadas nunha tira de papel, elaboramos uns ricos ESPETOS DE FROITA VARIADA acompañados de chocolate ou caramelo.
Os nosos compas de 1º e 2º tamén se animaron!!! Mirade como lambemos!!!!👀👀👀👀😛😋😋
ENTRADA MÁIS RECENTE
-
No anterior trimestre, fixemos unha saída á Granxa Casa da Fonte, preto do noso centro, actividade da ANPA e que enmarcamos dentro do noso...
-
Dende este proxecto do Aliméntat Ben que estamos levando a cabo no noso cole este curso, solicitamos ás familias que deixasen voar a súa im...
-
Boísimos días de novo! Un día novo, UN DÍA MENOS! Mil oportunidades para facer que o teu día sexa xenial e enchelo de recordos e vivencias...

