Boísimos días de novo! Un día novo, UN DÍA MENOS! Mil oportunidades para facer que o teu día sexa xenial e enchelo de recordos e vivencias divertidas.👌😉
Par ilo, MATEO, un cociñeiro con moito potencial, envíanos a súa receita de PIZZA CASEIRA #EUQUEDONACASA xa que os seus fogóns non deixan de quecer.
- Vaso e medio de auga.
- 3 vasiños e un pouquiño máis de fariña (que a masa non quede líquida)
- unha culler de fermento
- unha culleriña de sal
- unha culleriña de aceite
- tomate
- queixo raiado
- xamón york
- champiñón
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturar o fermento coa auga, fariña, sal e aceite e amasar.
- Deixar levedar.
- Engadir ingredientes ao gusto: tomate, queixo, xamón e champiñóns.
- Levar ao forno prequentado.
E LISTAS... xa temos a receita de Mateo para unha cea de venres ou sábado noite con peli e millos de postre.🍕🍴
Como nos gusta verte Mate, volve cando queiras e MOITISIMAS GRACIAS A ÉL E MÁIS A SÚA FAMILIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario