Boísimos días a todolos compoñentes e visitantes do noso blogue ALIMÉNTA-T BALIÑO!!
Hoxe traemos novo reto... Mirade o video, e a continuación deixade voar a vosa imaxinación e creatividade na cociña. Inventade, innovade, creade, soñade e participade no reto de elaborar as vosas TORRADAS DIVERTIDAS cos ingredientes que vos apeteza e teñades nos vosos frigoríficos e nas vosas casiñas (froitas, froitos secos, manteiga, crema de cacahuete, queixo, tomatiños, millo, aguacate, xamón, leituga...) Pode ser salgado ou doce!
Que tedes que facer?
1. ELABORAR a vosa TORRADA DIVERTIDA.
2. SACARVOS unha FOTIÑO con ela (sol@s, en familia...) e que se vexa ben a vosa torradiña.
3. ENVIALA ás vosas titoras.
Coas fotos enviadas, formaremos un mural fotográfico dixital colaborativo ou unha montaxe de video!
ANIMAIVOS!!!De seguro que sodes uns grandes artistas creativos e moi moi divertidos! PASA UN RATIÑO NA COCIÑA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario