viernes, 11 de junio de 2021

ANIVERSARIOS COLE. TARTA DE MAZÁ

Este ano no cole, a rapazada do grupo de 1º e 2º está moi "empeñada" en que as sobremesas dos aniversarios comúns dos trimestres as preparan eles.

Así que sen máis, e dirixidos pola súa titora Maite, axudados en cociña por Bea dispuxeron os ingredientes necesarios e lanzáronse a aventura pasteleira elaborando unha deliciosa tarta de mazá 🍏🍏🍏🍏da que demos boa conta no comedor.

INGREDIENTES:

  • dúas láminas de masa de follado fresca
  • 4 mazás golden grandes (non necesita azucre xa que coa mazá é abondo)
ELABORACIÓN:
  • Cubrir a bandexa do forno con papel especial.
  • Untar con aceite de oliva ou manteiga o papel (pouquiña cantidade)
  • Estirar a masa, pinchala e metela 5 minutos no forno para darlle un golpe de calor.
  • Sacala e colocar as mazás cortadas dispostas en fila en media luna
  • Meter ao forno previamente quente durante 30 minutos a 180 º 
  • Decorar coas guindas.
Crema opcional!


















jueves, 10 de junio de 2021

THE MENU OF A RESTAURANT

 A teacher Nati, volveu a estar ás andadas e na aula de 3º e 4º propuxo a elaboración dun menú empregando elementos de refugallo, neste caso, os folletos de publicidade dos supermercados "The menu of a restaurant"·

Aquí tendes o resultado!





miércoles, 9 de junio de 2021

VOCABULARY: FRUITS

Na aula de Infantil coa teacher Nati, traballaron o vocabulario das froitas en Inglés. 

Primeiro visionaron un video-canción con diferentes nomes de froitas. Tiñan que pór en marcha a súa atención, xa que das froitas citadas tiñan que lembrar o nome da súa froita favorita para posteriormente dicilo.

Para rematar a actividade, e deixando fluir a súa creatividade, moldearon con plastilina a froita seleccionada. 

Velaquí os tedes coas súas creacións: apple, pinneaple, watermelon, banana...!








Ademais os nosos artistas, noutra sesión de Inglés coa profe Nati, fixeron unhas froitas decorándoas con boliñas de papel seda. Motricidade fina a tope!!!








ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA