Mostrando entradas con la etiqueta PLÁTANO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁTANO. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de junio de 2022

BATIDO REFRESCANTE DE FROITA e ROBÓTICA

Para ir rematando este curso tan intenso e coas altas temperaturas que estamos tendo 😎😅, ocorréusenos preparar un delicioso batido saudable para refrescar os nosos últimos días de cole.

Así que... dito e feito! A rapazada de 1º e 2º de primaria, moi disposta por certo, foi quen se encargou de todo. Decidimos facer un batido cos seguintes ingredientes: 🍎🍌🍍

  • amorodos
  • plátanos
  • piña
  • iogur natural
  • leite

Nada de azucres engadidos!!!
O paso a paso? Moi sinxelo.
  1. Lavar amorodos e retirar as folliñas verdes.
  2. Pelar os plátanos.
  3. Trocear a piña.
  4. Verter todo no batedor, incluindo o leite e o iogur natural
  5. Bater ata desfacer todos os anaquiños de froita.
  6. Meter no frigorífico.
  7. Servir frío e disfrutar...!!😋😋🍹 












Pero a cousa amiguiños e amiguiñas, non quedou aí...Tiñamos aproveitar a actividade para facer algo máis. Entón pensamos que poderiamos empregar a robótica para traballar a nosa orientación espacial, a programación, dar indicacións e a lectura. O noso robot tivo que ir recompilando os ingredientes e os pasos da elaboración da receita! 
Aquí tendes fotiños do concentrados e concentradas que estabamos...





lunes, 20 de diciembre de 2021

SANTA CLAUS DE FROITA

Para rematar este ano 2021 e como colofón ao final do trimestre, coincidindo coas datas de Nadal, nas aulas de Infantil, os máis cativos prepararon as súas propias merendas facéndonos partícipes das súas creacións: uns Santa Claus de plátano, fresa e arandos.🍌🍓🍇

A froita sempre é unha boa e saudable opción para as merendas e se a iso lle engadimos doses de diversión, imaxinación e ilusión, o éxito está completamente asegurado.

Por suposto, seguimos a coidar e levar a cabo todas as medidas preventivas contra a Covid: lavado de mans, uso de tapabocas e distancia.

Damos conta de que ademais de aprender facendo e experimentando, gañando en autonomía, pasaron un tempiño ben agradable compartindo cos compañeiros e compañeiras.

Queredes ver o resultado? Confiamos en que a resposta é un gran SÍ... Pois aquí o tendes!



 

 

sábado, 30 de octubre de 2021

MERENDAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

 Chegou o Samaín ao Baliño!! 🎃

Que terrorificamente contentos estamos! Canto nos gusta a festa e en especial esta!

Para celebralo ademais doutras actividades, preparamos unhas arrepiantes merendolas nos diferentes grupos de convivencia coa inestimable axuda das titoras e resto de persoal que apoiou!

Nas dúas aulas de Infantil e en 1º e 2º de primaria, sorprendéronnos cunhas medorentas CABAZAS FRUTAIS. 



A rapazada de 3º e 4º decoraron unhas MANDARINAS MONSTRUOSAs e uns QUEIXOS MOMIA que metían medo.



E por último, nos cursos de 5º e 6º, deleitáronse cuns PLÁTANOS-CHOCOPANTASMAGÓRICOS!!!





Mirai, mirai e tomai nota de como nolo montamos no BALIÑO para gozar de merendas saudables e moi divertidas.

VIVA O SAMAÍN,

 VIVA O SAMAÍN, 

NO BALIÑO E CON LERÍN!!!!

 (Versos do rap creado e cantado polo alumnado de 3º e 4º. Atoparédelo na blog da biblioteca e na icona da radio escolar da nosa web)



Gracias aparte ao alumnado de 3º e 4º e a súa titora que tiveron a ben acordarse do resto de persoal docente e non docente neste día pavoroso e para que non "morreramos de fame", elaboraron na súa cociña terrorífica uns OLLOS DE OGRO cunha pinta deliciosa!!!












viernes, 9 de abril de 2021

COCHES VIAXEIROS DE FROITA

A rapazada da aula de 1º e 2º, segue a deleitarnos con suculentas receitas cheas de creatividade, como por exemplo esta orixinal montaxe de froita á que por consenso lle puxeron de nome: COCHES VIAXEIROS.

Como vedes, merendar, comer ou realizar unha sobremesa saudable non ten porque ser complicada nin aburrida e está ao alcance de todos, incluso dos máis pequenos (sempre baixo supervisión dos adultos).

Coma sempre, e máis especialmente nesta situación, seguimos a manter ao máximo as medidas oportunas de hixiene.

Aquí vos deixamos un video co proceso e coa súa degustación!



jueves, 18 de marzo de 2021

BATIDO DE FRESAS E PLÁTANO NA AULA DE INFANTIL

Os pequenos e pequenas do Baliño, alumnado de Infantil, son grandes "comedores" de froita. En xeral, encántalles! 

Desta volta, decidiron preparar a súa merenda, tentempé da mañá eles mesmos e en versión líquida. Con fresas, plátano e leite, elaboraron un fresquiño e apetecible BATIDO🍓🍌

Que ben se sinte un e que ben sabe se te preparas ti mesmo xunto cos compis a merenda!!! Obviamente non perdemos de vista cumprir con tódalas medidas hixiénicas necesarias: lavado de mans, uso de tapabocas, distancia de seguridade durante a degustación (dentro do noso grupo burbulla de convivencia)

Como nos vos podemos dar a proba, deixamos que vexades cal foi o proceso e como nos poñemos as botas!!

Así celebramos a chegada de primavera🌼🌼🌼🌼🌼🌼



viernes, 5 de marzo de 2021

BUFO DE FROITA

Para dar comezo ao mes de Marzo, o grupo de convivencia formado polo alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, fixeron unha xuntanza culinaria na aula de Infantil.

Alí, xunto coas súas titoras Ana e Maite, prepararon unha deliciosa e saudable merendola para o tempo de lecer: UN BUFO DE FROITAS VARIADAS Gozaron tanto facéndoa como coméndoa!

Por descontado, dicir que se mantiveron todas as medidas de hixiene oportunas: lavado de mans, tapabocas e distancia cando degustaron a súa sobremesa.

Compartiron aprendizaxe, colaboraron, fixeron voar a súa imaxinación e creatividade, traballaron a orientación espacial, motricidade fina, seriación, traballo en equipo, respeto de opinións... e sobre todo, pasaron tempo xuntos.

Anotade os ingredientes e animaivos a pasar un bo anaco de tempo:

  • Piña en rodadas
  • kiwis
  • amorodos
  • uvas brancas
  • uvas tintas

Velaquí vos deixamos un video no que recollemos momentiños da súa obra alimenticia!



domingo, 1 de noviembre de 2020

FROITA ARREPIANTE CREATIVA NO SAMAÍN

Ola amigos e amigas do blogue do Aliménta-t ben do Monte Baliño. Aquí estamos de volta!!✋✋✋✋

Unha pandemia e un confinamento non ían poder con nós; así que voltamos, con máis ansia se cabe, a encher este oco virtual das nosas ideas para fomentar unha alimentación saudable e a aprendizaxe sobre os alimentos nos recunchos das nosas cociñas.

Que mellor maneira de dar comezo que cunha entrada festeira, celebrada en pleno Samaín. Unha festa da que gozamos no noso cole rindo co medo! Desta volta, a proposta foi decorar de xeito creativo e temático mandarinas e plátanos.🍌🍌🍊🍌🍊 Fixémolo con "iron fix", na pel destas froitas e de xeito individual, co gallo de respectar as medidas sanitarias impostas. Por suposto, un BO LAVADO DE MANS ANTES DE COMEZAR!!

Deixaron voar a imaxinación a lugares recónditos para facer as súas creacións máis arrepiantes e porque non, co seu toque de diversión!! Os nosos alumnos e alumnas son uns cracks. 

Mirade que ben o pasaron e cales foron os resultados! 

  • Canción: No Samaín
  • Artista: Paco Nogueiras
  • Albume: Brinca Vai


viernes, 12 de junio de 2020

XEADOS DE FROITAS

Boas a todos e todos os membros e visitantes do noso blogue cociñeiro de Monte Baliño!

Como xa queda ben pouquiño para rematar o curso e sobre todo para a tan ansiada chegada do verán, imos deixarvos unha entrada con un dos protagonistas indiscutibles: os XEADOS.

Receitas variadas, fresquiñas e sobre todo saudables, para que poidades poñer en práctica e mandarnos fotiños dos vosos resultados se vos apetece aparecer por aquí no noso blogue.


XEADO DE PLÁTANO, AMORODO E ARÁNDANO.

- Corta o plátano en anacos pequenos, empregando un coitelo de serra poden axudar ata os máis peques.
- Méteo no conxelador durante doce horas aproximadamente.
-Incorpora no plátano conxelado, amorodos e arándanos, bate e....

XEADO LISTO.😋🍨 Se che apetece podes engadirlle un pouco de chocolate raiado ou améndoa picada....UN PRACER PARA O PALADAR!


POLO DE LARANXA, SANDÍA E KIWI

-Corta en anacos pequenos a sandía e o kiwi. Bate por separado.
-Espreme o zume de laranxa.
-Reparte en recipientes de facer cubiños de xeo e en tarriños. Se tes moldes de polo, xenial.
-Coloca un pau pequeno no centro 
-Méteo no conxelador unhas 3 horas, para que endureza un pouco.

POLOS LISTOS!🍡😛

ESPERAMOS QUE FAGADES ESTAS RECEITAS E QUE GOCEDES DUN SABOR FRESQUIÑO NAS TARDES DE VERÁN!!

 

lunes, 1 de junio de 2020

RECEITAS DE VERÁN CON PLÁTANOS #EUQUEDONACASA

Bos días!! Damos comezo con moitísimas ganas e moitísimas esperanzas a unha nova semana e ademáis a un novo mes, o mes de XUÑO. En que momento isto pasou tan rápido? 
GRACIASSSS DE CORAZÓN A TOD@S por facérnolo tan ameno! 💙💚💛💜Sen vós ao outro lado, este blogue non tería a vida que lle destes durante este tempiño!Estou inmensamente agradecida!

Hoxe para inaugurar mes, a profe SARA envíanos un video con varias receitas deliciosas, sinxelas e moi apetecibles para facer con plátanos, esa froita que de seguro nos gusta a todos e todas. RECEITAS DE VERÁN CON PLÁTANOS #EUQUEDONACASA

Ollade o video tan chulo que nos preparou e sobre todo poñédevos máns á obra coas súas recomendacións. Eu pola miña parte probarei algunha sen dúbida.

MOITAS GRACIAS SARA!! Deíxovos co seu video. 

BIQUIÑOS E APERTAS VIRTUAIS XIGANTES!!!!👯💋💕💪


jueves, 7 de mayo de 2020

CAGHALLETAS, POLO MONITORADO DO SALÓN VIRTUAL

Hoxe traémosvos unha receita proposta polo monitorado do Salón Virtual, unha receita cun nome moi divertido e con retranca: CAGHALLETAS!! Dannos unha pistiña, son de cor marrón!!!😉

Animáivos a preparalas e mandade os vosos resultados!!
GRACIÑAS AO SALÓN VIRTUAL POR COMPARTIR!!





RECEITA CAGHALLETAS
MONITORADO DO SALÓN VIRTUAL
SALON DO LIBRO DE PONTEVEDRA (FACEBOOK)

domingo, 19 de abril de 2020

MACEDONIA #EUQUEDONACASA

Aquí nos tendes de novo, como cada día cunha nova receita e descontando...UN DÍA MENOS!!!

Hoxe de novo nos visita a profe MAITE, que ten a súa cociña moi activa para nós durante este confinamento e que nos envía a súa receita de MACEDONIA #EUQUEDONACASA. Unha sobremesa moi recorrida feita con anacos de froitas moi variadas á que se lle pode engadir zume ou almibre.


INGREDIENTES:
  • Amorodos
  • plátano
  • kiwi
  • laranxa/mandarina
  • melocotón
  • mazá
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Pelar as froitas que o precisen.
  2. Lavar ben as froitas.
  3. Picar e trocear en anacos pequenos.
  4. Mesturala toda nun bowl.
  5. Espremer por riba un limón (isto evita que a froita se empece a oxidar)
  6. Facer zume de laranxa espremendo as que se consideren oportunas (ao gusto)
Xa podemos gozar dun colorido e saudable prato, sinxelo e rápido.
😘





viernes, 10 de abril de 2020

ESPETOS DE FROITA #EUQUEDONACASA

Oes??? que xa pechamos unha semana máis e con iso... QUEDA UN DÍA MENOS👯

Pasan os días e as semanas e seguimos a lembrarvos que TODO PASARÁ e TODO VAI SAIR BEN!!!🌈🌈

Pechan esta semaniña os nosos compis de Infantil e 2º de primaria, AIXA e THIAGO, que xunto coa súa familia, nos envían a súa coci-receita xuntos: ESPETOS DE FROITA #EUQUEDONACASA




INGREDIENTES:
  • un plátano
  • 5 fresas
  • 2 melocotóns
  • 2 mandarinas
  • chocolate de cobertura (opcional; tamén lle podedes botar caramelo ou calquera outro sirope para facelo máis doce)
A cantidade de ingredientes dependerá do número de espetos que queiras realizar.

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Lavar as mans e as fresas🍓. Pelar os plátanos🍌 e as mandarinas🍊.
  2. Cortar a froita en anacos.
  3. Colocar os anacos facendo a serie que máis che guste (intercalando froita...) nun espeto.🍓🍊🍌🍓🍊🍌
  4. Botarlle chocolate
  5. E a papala!!
Aiiii, a froita!!! Canto xogo da!! Estou segura de que estes dous irmáns pasaron un tempiño xuntos do máis divertido e despois compartiron xuntos a delicia que prepararon.










MOITÍSIMAS GRACIAS A AIXA, THIAGO E MÁIS A SÚA FAMILIA!! Estamos encantados de recibir as vosas receitiñas e as vosas fotiños para ver que estades ben, sendo felices e aprendendo dende as vosas casiñas!!


Esperámosvos prontiño de novo!!! Un saudiño compis!!!👋💋

jueves, 9 de abril de 2020

ARCO DA VELLA DE FROITA #TODOVAISAIRBEN

Boas compis e compas do noso blogue de Alimenta-T Baliño, recordarvos que xa queda....UN DÍA MENOS!!!!
Isto está chupado! Estamos orgullosos e orgullosas de como o estando facendo, bravo polos nosos superheroes e superheroinas!!!👏👏👏
Hoxe a nosa pequena de Infantil, LEIA E MÁIS A SÚA FAMILIA mándannos unha receita multicolor para alegrar calquera comida: ARCO DA VELLA DE FROITA #EUQUEDONACASA




INGREDIENTES:
  • un bo puñado de amorodos
  • un plátano
  • unha mazá
  • unha mandarina
PASOS ELABORACIÓN:
  1. O primeiriño de todo é LAVAR MOI BEN AS MANS, os amorodos e a mazá; sacarlle a casca o plátano e a mandarina.
  2. Colocamos cada froita nun recipiente distinto e, coa axuda dun adulto, picamos o plátano, a mazá e os amorodos en anacos tan grandes ou pequenos, como mellor nos pareza.
  3. Escollemos un prato chan para que nos sexa máis sinxelo crear o noso "ARCO DA VELLA" e comezamos a colocar a froita. Leia fíxoo na seguinte orde: amorodos, mandarina e finalmente, mazá para crear os arcos.
  4. Unha vez que temos os arcos, colocamos os anacos de plátano en cada punta, como se fosen nubes de algodón.













E así, xa estaría listo o noso ARCO DA VELLA particular, para comer unha boa merendola sá, divertida e sobre todo moiiiiii colorida!!








BO TRABALLO LEIA;cóntannos que en canto rematou púxose a merendar porque lle encanta a froita 😋😋e por suposto, non se esqueceu do seu irmán Jairo, e invitouno á paparota!!


Pois xa o vedes, con unhas pezas de froita e moita moita imaxinación e creatividade, aquí temos unha receita sinxela para pasar un ratiño entretido coas nosas familias durante estes tempos de confinamento.

Non olvidemos que con estas actividades, ademais de reforzar e traballar motricidade fina, habilidades para a vida cotiá (manexo do coitelo), hábitos de saúde e alimentación, fomentar a creatividade, atención...tamén fomentamos valores como a colaboración, o respeto, a familia, o traballo en equipo...

MOITÍSIMAS GRACIAS A LEIA E A SÚA FAMILIA, por compartir con nós o seu ARCO DA VELLA DE FROITA  buscando encher de cor estes distintos momentos da nosa vida.

Non vos olvidedes que sorrir😀 é a mellor menciña para os momentos complicados. SOMOS IMPARABLES E COMO DI LEIA E A SÚA FAMILIA: TODO VAI SAIR BEN!!!!

miércoles, 8 de abril de 2020

FROITO COCHE#EUQUEDONACASA

Boas cociBaliños!! Outro día de novo na nosa cociña. Xa sabedes que significa iso... SÍÍÍÍÍÍÍÍÍIÍI!!!✌✌✌✌✌UN DÍA MENOS NO ALMANAQUE para recibir as apertas que tanto estamos desexando.

Hoxe temos de invitados no noso blogue a dous irmáns, XAVI E PAULO, compis de infantil e 2º , que xunto coa súa familia, nos mandan esta simpatiquísima montaxe de FROITO COCHE CREATIVO #EUQUEDONACASA


INGREDIENTES:
  • Plátanos
  • Fresas
  • Azucre
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Lavar ben as fresas.
  2. Quitar a pel do plátano.
  3. Cortar as fresas en rodas (anacos circulares)
  4. Coa axuda duns escarvadentes, insertar as fresas no plátano a modo de rodas e maila dianteira do coche.
  5. Pór por riba outra fresa, a modo de piloto do noso coche.
  6. Pódese botar un pouquiño de azucre por riba.
Pola cariña do noso compi Xavi cremos que debe estar boísimo xa que non pode agardar para probalo! Dalle Xavi, bótalle o dente!!





Observade 👀 de que xeito tan divertido podemos preparar nós mesmos se ningún risco e dun xeito moi saudable a nosa merenda!!

Os nosos compis, envíannos tamén a súa receita elaborada mediante o ordenador para incorporala cando volvamos ao cole ao noso libro de receitas #EUQUEDONACASA para que queden para o recordo e lle poidan botar un vistazo todos os que o desexen.

MOITÍSIMAS GRACIAS A PAULO, XAVI e  A SÚA FAMILIA por facernos partícipes dos seus xogos alimenticios!!

Animádevos a pór a proba a vosa creatividade!💛💜💚💓

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA