domingo, 24 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN e DEGUSTACIÓN FROITOS E FROITAS DE OUTONO.

Co fin de achegar ao noso alumnado os diferentes froitos e froitas característicos da época do OUTONO, preparamos no noso comedor unha exposición dos mesmos. 

Temos froitos secos (castañas, noces, abelás, améndoas, pistachos...) e froitos carnosos (mazá, pera, marmelo, laranxa, mandarina, pomelo, granada, kiwi, caqui...)

As nenas e nenos poden familiarizarse con estes productos todos os días durante a hora de comer véndoos nas mesas preparadas para tal fin.








jueves, 14 de noviembre de 2019

ESPETOS DE FROITA NO MAGOSTO EN BALIÑO

No cole Baliño, hoxe celebramos o día do Magosto. Fixemos obradoiros, xogos e comemos chourizos e castañas. 
Ademais de sobremesa tamén preparamos uns riquísimos espetos de froitas variadas: mazá 🍎, kiwi, mandarina 🍊 e plátano🍌. Bañamos os espetos en chocolate líquido e xa podedes imaxinar que...nos puxemos as botas!!!

Foi un día xenial, diferente e moi divertido!!

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA