viernes, 28 de abril de 2023

CANAPÉS LITERARIOS SAUDABLES POLO DÍA DO LIBRO 2023

 Para dar por finalizada a nosa intensa e completa celebración da Semana do Libro no Baliño, que mellor maneira que a última proposta de actividade. Unha combinación de LECTURA máis ALIMENTACIÓN!

A rapazada do Baliño, elixiron- debuxos e fragmentos dos seus libros favoritos, frases sobre a lectura, refráns ou poemas...que escribiron e decoraron de "puño e letra" para posteriormente espetalo nuns canapés que eles e elas mesmos realizaron cos seus grupos e profesorado nas diferentes aulas. Houbo un montón de variedade:

  • canapés de queixo, arandos, framboesas e amorodos.
  • canapés de queixo, noces e mel
  • canapés de queixo, kiwi e amorodos
  • canapés de queixo e aguacate.

Unha proposta deliciosamente productiva para fomentar o gusto pola lectura e culminar unhas xornadas adicadas aos libros. Todas e todos os membros da nosa pequena escola puidemos disfrutar da degustación no tempo de lecer deste último venres do mes de abril.

Grazas pola participación e implicación!

Deixades coma sempre o listón moi alto!!



jueves, 27 de abril de 2023

SEMENTES DE CABACIÑA

Os rapaces e rapazas do Baliño, seguen a coidar do noso pequeno horto, organizando quendas de regadío. Ademáis esta semana queremos trasladar o noso horto á casa
Por iso cada un deles e delas, nun testo de reciclaxe (dos gardados doutras plantiñas que trouxemos dos viveiros), puxeron o seu nome e plantaron unha semente de cabaciña que cando teñan un pouco crecida se levará ás casas para observar como medra e poder disfrutar do seu froito.
Aprendemos facendo sobre a orixe dos alimentos e a importancia que a terra ten para os seres vivos!


jueves, 13 de abril de 2023

SEGUIMOS CO NOSO HORTO

 Coa chegada do bo tempo seguimos coa posta ao día do noso horto escolar. Así que aquí nos vendes mans á obra. Limpamos herbiñas malas e plantamos para que pronto poidamos ir recollendo para os nosos menús do comedor.

A cativada do noso centro, a través destas actividades aprenden facendo a orixe dos alimentos e o cultivo da terra, actividade ligada ao PDI do presente curso "Miña terra galega"






martes, 11 de abril de 2023

As mazás

A cativada do Baliño está a traballar un miniproxecto cunha das froitas máis coñecidas: as mazás.

Como o Pdi do noso cole é “Miña terra galega” tiveron claro a froita que elexirían. A nosa terriña está chea de maceiras que agora mesmo se atopan en flor. Que bonita é a primavera!

Desta vez, realizaron un experimento de FLOTACIÓN, para o que, coma bos científicos e científicas, plantexaron as súas hipóteses que posteriormente corroboraron. As mazás flotan ou afunden na auga.? Pois resulta que flotan! 

E xa que estaban, pois aproveitaron para lavalas ben lavadiñas, cortáronnas e prepararon uns espetos de mazá para a súa merenda.

Traballaron aspectos como: hábitos de hixiene e alimentación saudable, autonomía, atención razoamento, motricidade fina, coordinación óculomanual, asociación cantidade (dame/colle tres…), conteo (cantos anacos hai? Cantas mazás temos?, valores coma o traballo en equipo, respecto… Unha actividade moi completa que non acaba aquí…  

Pronto teremos novas destes pequenos e pequenas e as súas aventuras coa froita… Poderedes esperar?

Grazas profe Lara e Alba por compartir con todos as vosas investigacións.



DISTRIBUCIÓN DE LEITE FRESCA NOS TEMPOS DE LECER

Comeza o período de distribución de leite líquido de consumo durante os tempos de lecer dende o día 11 de abril de 2023. 

Esta distribución é posible, grazas a participación na convocatoria de axudas destinadas a suministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o presente curso 2022-23, xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), dependente da Consellería do Medio Rural. 



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA