miércoles, 22 de noviembre de 2023

FACEMOS PAN DE TRIGO GALEGO CASEIRO

 Pois cremos que este ano montaremos a nosa propia producción alimentaria...jajajaj. Entre os productos que nos dá a nosa horta e o que nos animamos a elaborar (marmelo, iogures...)... dádenos un pouco de tempo e xa o veredes! O pdi "Coñecendo a nosa provincia", lévanos a recordar coma os nosos antepasados elaboraban os seus alimentos na casiña, en familia, aproveitando as colleitas...

A rapazada de 3º e 4º acompañada dos mestres animouse agora a facer nada máis e nada menos que o seu propio pan...Experimentar todos xuntos o proceso foi unha gozada e o rico que lles saíu ao final, un éxito total. 

A continuación, deixámosvos fotos do proceso e mailo resultado, acompañado dos ingredientes e pasos para que o poidades elaborar vós mesmos. So fai  un pouco de QUERER!

Ingredientes:

  • Fariña de trigo
  • Auga
  • Levadura feita con masa nai
  • Sal
Pasos elaboración:
1. Disolver sal en auga temperá. Botar nun bol a fariña e facer un volcán cun cráter.
2. Engadir auga e a masa nai, mesturando pouco a pouco e engadindo fariña ata que non se peguen as mans.
3. Cando teñamos unha masa compacta, deixar repousar durante 2 horas (canto máis repouso mellor)
4. Amasar pouco facendo formas ou dividindo a masa en dúas. 
5. Deixar repousar 30min mentres prequentamos o forno
6. Marcar os panes e meter ao forno.





viernes, 10 de noviembre de 2023

ESPETOS DE FROITA

 Coma anos anteriores chegou o Magosto e dende fai un tempo, a nosa sobremesa a parte das homenaxeadas castañas, realizamos todos os grupos do cole unha gran espetada de froitas variadas, que degustamos todos e todas xuntas despois de almorzar comida típica do Magosto.

Argallamos todo no noso comedor, o espazo máis recurrido para actividades relacionadas co plan proxecta Nutriescolas.


A que se vos fai a boca auga???

jueves, 2 de noviembre de 2023

MERENDAS TERRORÍFICAS POLO SAMAÍN

 Arañas, morcegos, momias, nichos, meigas e demais monstruos de Samaín foron convocados no Monte Baliño para preparar unhas terroríficas e medorentas merendas polo Samaín.

Moi afanados en cada cova xunto cos mestres e mestras sabedores de apócemas fedorentamente deliciosas prepararon:

-Momias pizzeiras.

-Torradas arácnidas.

-Nichos de sandía. 

-Torradas pantasma...

A que non vos atrevedes a pasar medo comendo coma nós!!!!!?????? 

Feliz noite escura !!




jueves, 26 de octubre de 2023

Marmelo caseiro no Baliño

 A cativada de 3º e 4º, aproveitando que é tempo de marmelos, preparou un delicioso marmelo para logo dar conta del nas nosas sobremesas no comedor. Seguiron as instruccións dunha experta en realizalo na súa casiña, a súa titora a mestra Maite. Lavaron, cortaron, retiraron as sementes do corazón, partiron e puxeron nunha cacerola a lume lento xunto con panela (sustituto do azucre)…Remexeron, esperaron… ata conseguir a textura axeitada… et voilâ!

Esta actividade enmarcada no Plan Proxecta "Nutriescolas" e traballando coordinadamente co Proxecto "Voz Natura", nos que participamos, foi seleccionada e relacionada co proxecto de centro “Coñecendo a provincia: lucus Augusti”. A alimentación e o aproveitamento dos productos que nos da a terra son aspectos fundamentais na nosa terra galega. De aí, a realización de moitas propostas que parten de productos próximos que atopamos en terreos que rodean á nosa escola cedidos por mestres/as, familias… ou incluso da nosa pequena hortiña.

Ademais hai que engadir que as actividades realizadas, teñen un caracter interdisciplinar, xa que se traballan dende as diferentes áreas do currículo (Ciencias Naturais, Matemáticas, Linguas...)

Velaquí podedes ver o resultado. 

En canto ao sabor… iso so o podemos saber nós pero asegurámosvos que o disfrutamos!




jueves, 19 de octubre de 2023

Crema de castañas

 Os nenos e nenas de 1º e 2º xunto con seu titor Jimmy, levaban un tempiño investigando e aprendendo sobre o reino das plantas, proxecto dentro da área de Ciencias Naturais. En concreto e tendo en conta o Pdi da escola Coñecendo a provincia: lucus augusti, achegáronse as árbores galegas e lucenses máis comúns que atopamos nas montañas e preto dos ríos Sil e Miño. E como non, unha das árbores por ontonomasia é o noso coñecidísimo CASTIÑEIRO. Ai pero do castiñeiro obtense o froito da castaña… e a castaña está nun ourizo que pincha… como as sacamos de aí? Pois tamén o practicamos, saíndo a recollelos a un souto próximo. Como mola a natureza! 

E aí xurdiuna idea, rematar o miniproxecto cunha receita tamén típica, Crema de castañas, que logo aproveitamos para degustar nunha merenda compartida.




martes, 10 de octubre de 2023

O millo

Os pequenos e pequenas de 1º e 2º, xunto co seu titor Jimmy, investigan sobre o Reino Vexetal, na área de Ciencias Naturais, e decidiron profundizar no coñecemento deste producto, O MILLO e as súas posibilidades. 

Empregaron os sentidos para ver, ulir, manipular…facendo diferentes actividades co millo: debullar, contar, clasificar en grupos de 10 (aproximación á decena), debuxar, coñecer a planta e as partes (follas, carozo…) e ata aprendemos unha canción que conta moitas cousiñas de cal é o proceso a seguir para obter fariña do millo. Temos pendente intentala facer nós mesmos!

Foi unha actividade xenial!  



jueves, 5 de octubre de 2023

Actividades na nosa hortiña e no noso xardín

O Monte Baliño comezou as súas actividades de preparación e mantemento do entorno da escola, xardín e horta.

Actividades interdisciplinares e coordinadas realizadas dentro dos Proxecto "Voz Natura" e Plan Proxecta "Nutriescolas" no que participamos dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO. Diferentes grupos, baixo supervisión de mestres e mestras, realizaron diversas tarefas: plantación de arbustos e plantas aromáticas (aproveitando como testos decorativos, neumáticos vellos decorados) e plantación de verduras de tempada e recollida de froitos como a cabaciña que podedes albiscar no video.





  

miércoles, 4 de octubre de 2023

EXCUSIÓN GRANXA O PALOMAR (LÁNCARA) E PRODUTOS LÁCTEOS

Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar.  Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.

O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais... 

Vaia paparota de merenda!!!

Canto aprendemos e que ben nos trataron... 





viernes, 16 de junio de 2023

DO HORTO Á CASA: AS NOSAS CABACIÑAS

As nosas cabaciñas, recordade que as sementamos en macetas individuais fai un tempo, viaxan cara as casiñas do alumnado do Baliño....

No cole vímolas comezar a crecer, agora o traballo continúa coa inestimable axuda das nosas familias! Tedes que transplantalas e regalas, para que pronto poidades sacarlle partido recollendo os seus froitos!

Esperamos que fagades un montón de pratos en familia con cabaciña!!!

Grazas pola colaboración!!!!


















SAÍDA A FEIRA: O POLBO

Onte, 15 de xuño,  foi feira no noso pobo, Ferreira de Pantón, e a cativada de Infantil, aproveitou a contenda e achegouse a ela.  Temos en conta a nosa contorna e o que nos ofrece, e neste caso e enmarcado dentro da PDI do noso centro "Miña terra galega", coñecemos de primeira man as tan sonadas "feiras" que se celebran cada certos días por toda a nosa terriña. Alí, estaba a pulpeira, que nos contou xunto coas nosas mestras Ana e Lara, características do polbo e da súa forma de cocción.

Que bonita e significativa maneira de entender a realidade!! 

Aprendemos facendo e explorando!!!



jueves, 1 de junio de 2023

AGASALLOS MARCAPÁXINAS GRAZAS AO FOGGA

 Repartimos entre o alumnado do Baliño os agasallos de marcapáxinas, cortesía do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) por participar no programa de reparto de froitas e leite líquida de consumo para  os escolares.

Moitas grazas polo detalle!! 

O mellor regalo é ver a aceptación que a froita ten entre a nosa rapazada!! Graza por contribuir e axudarnos a facelo posible!







FOOD "SECOND PART"

A nosa teacher Nati e a nosa auxiliar de conversa Anj, están realizando co alumnado de diversas aulas actividades relacionadas coa unidade de FOOD.

Nas sesións desta semana aprenderon xogando e bailando. Realizaron actividades de vocabulary, gramática "I like..." "I don' t like...", elección "choose your favourite food", xogos coordinación/asociación movementos corpo con palabra escoitada "I say orange"- "You clap your hands", "I say watermelon"- "You hands up".

CONGRATULATIONS!

IT WAS A GREAT JOB AND WE HAD A WONDERFUL CLASS

A continuación vemos unha mostra das sesións!



lunes, 29 de mayo de 2023

FOOD IN ENGLISH CLASS

Hoxe, coa teacher Nati, na clase de Inglés, a cativada de 6º de Infantil realizaron unha actividade enmarcada dentro da unidade FOOD (alimentos). A teacher seguiu na liña de aprender explorando, estimulando e espertando os sentidos. Neste caso, os sentidos do tacto e do olfacto!!

Cunha venda nos ollos introducimos as nosas mans nunha bolsiña na que previamente, a teacher, incorporara diferentes alimentos. Primeiro a través do tacto, probamos o xogo con alimentos de xoguete e despois con algún alimento de verdade (laranxa, mazá, limón, pataca...) Tocamos, logo ulimos e intentamos adiviñar de que se trataba....Por suposto, tiñamos que dicir o que era en Inglés. Un xogo divertido a través do cal aprendemos e reforzamos "vocabulary!"!!

Velaquí tendes algunhas fotiños da sesión...








martes, 23 de mayo de 2023

OLLO CO HORTO!!

 Botade unha ollada... no noso horto comezan a aparecer os primeiros cultivos!! Xa podemos ver resultados tras sementar e coidar! Primeiros calabacíns e tomatiños!!

Como nos gusta ver que podemos obter da terra o que levar á boca!!!

OLLO CO HORTO!!!

Temos no Baliño aos mellores agricultores e agricultoras!!





lunes, 15 de mayo de 2023

OS NOSOS CULTIVOS MEDRAN

 O bo tempo e os coidados que reciben os nosos cultivos, fan que o horto vaia vento en popa!

Están a medrar segundo o esperado e nós a gozar vendo a súa evolución.

Temos apio, alcachofas, leitugas, amorodos...

As sementes de calabacín que puxemos fai pouco tamén estar a asomar... xa temos unhas prantiñas ben xeitosas!!! 





É un pracer ver o proceso tan de preto.

Mirade, mirade como nos vai!!

P.D. Por certo, xa probamos os primeiros amorodos fai uns días e como non...están riquísimos!!












viernes, 5 de mayo de 2023

Cabaciñas na horta

Onte adicamos un anaco do recreo ao coidado do horto. Limpamos herbas, regamos e plantamos cabaciña. Observamos o paquete e analizamos os compoñentes, o tempo no que recomendan sementalo…e oda a info que nos proporciona a etiqueta.




viernes, 28 de abril de 2023

CANAPÉS LITERARIOS SAUDABLES POLO DÍA DO LIBRO 2023

 Para dar por finalizada a nosa intensa e completa celebración da Semana do Libro no Baliño, que mellor maneira que a última proposta de actividade. Unha combinación de LECTURA máis ALIMENTACIÓN!

A rapazada do Baliño, elixiron- debuxos e fragmentos dos seus libros favoritos, frases sobre a lectura, refráns ou poemas...que escribiron e decoraron de "puño e letra" para posteriormente espetalo nuns canapés que eles e elas mesmos realizaron cos seus grupos e profesorado nas diferentes aulas. Houbo un montón de variedade:

  • canapés de queixo, arandos, framboesas e amorodos.
  • canapés de queixo, noces e mel
  • canapés de queixo, kiwi e amorodos
  • canapés de queixo e aguacate.

Unha proposta deliciosamente productiva para fomentar o gusto pola lectura e culminar unhas xornadas adicadas aos libros. Todas e todos os membros da nosa pequena escola puidemos disfrutar da degustación no tempo de lecer deste último venres do mes de abril.

Grazas pola participación e implicación!

Deixades coma sempre o listón moi alto!!



jueves, 27 de abril de 2023

SEMENTES DE CABACIÑA

Os rapaces e rapazas do Baliño, seguen a coidar do noso pequeno horto, organizando quendas de regadío. Ademáis esta semana queremos trasladar o noso horto á casa
Por iso cada un deles e delas, nun testo de reciclaxe (dos gardados doutras plantiñas que trouxemos dos viveiros), puxeron o seu nome e plantaron unha semente de cabaciña que cando teñan un pouco crecida se levará ás casas para observar como medra e poder disfrutar do seu froito.
Aprendemos facendo sobre a orixe dos alimentos e a importancia que a terra ten para os seres vivos!


jueves, 13 de abril de 2023

SEGUIMOS CO NOSO HORTO

 Coa chegada do bo tempo seguimos coa posta ao día do noso horto escolar. Así que aquí nos vendes mans á obra. Limpamos herbiñas malas e plantamos para que pronto poidamos ir recollendo para os nosos menús do comedor.

A cativada do noso centro, a través destas actividades aprenden facendo a orixe dos alimentos e o cultivo da terra, actividade ligada ao PDI do presente curso "Miña terra galega"






martes, 11 de abril de 2023

As mazás

A cativada do Baliño está a traballar un miniproxecto cunha das froitas máis coñecidas: as mazás.

Como o Pdi do noso cole é “Miña terra galega” tiveron claro a froita que elexirían. A nosa terriña está chea de maceiras que agora mesmo se atopan en flor. Que bonita é a primavera!

Desta vez, realizaron un experimento de FLOTACIÓN, para o que, coma bos científicos e científicas, plantexaron as súas hipóteses que posteriormente corroboraron. As mazás flotan ou afunden na auga.? Pois resulta que flotan! 

E xa que estaban, pois aproveitaron para lavalas ben lavadiñas, cortáronnas e prepararon uns espetos de mazá para a súa merenda.

Traballaron aspectos como: hábitos de hixiene e alimentación saudable, autonomía, atención razoamento, motricidade fina, coordinación óculomanual, asociación cantidade (dame/colle tres…), conteo (cantos anacos hai? Cantas mazás temos?, valores coma o traballo en equipo, respecto… Unha actividade moi completa que non acaba aquí…  

Pronto teremos novas destes pequenos e pequenas e as súas aventuras coa froita… Poderedes esperar?

Grazas profe Lara e Alba por compartir con todos as vosas investigacións.



DISTRIBUCIÓN DE LEITE FRESCA NOS TEMPOS DE LECER

Comeza o período de distribución de leite líquido de consumo durante os tempos de lecer dende o día 11 de abril de 2023. 

Esta distribución é posible, grazas a participación na convocatoria de axudas destinadas a suministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o presente curso 2022-23, xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), dependente da Consellería do Medio Rural. 



miércoles, 22 de marzo de 2023

MURAIS FILIPINO FOOD DAY

Días previos á realización do noso especial Filipino Food Day coa teacher Nati e a nosa auxiliar de conversa, elaboramos uns murais en grupos os niveis de 3º/4º, 5º e 6º de Primaria.  Neses murais recollemos toda a información sobre os ingredientes e a forma de elaboración paso a paso, por suposto en Inglés (que xa podedes ver que nos manexamos bastante ben).

Esta actividade foi a toma de contacto co que se viña... mans na cociña e a aprender facendo!!!






martes, 21 de marzo de 2023

SEMENTANDO NO HORTO ESCOLAR

Chegou a primavera ao Baliño e comezamos a sementar no noso pequeno horto que tan boas e saudables produtos nos devolve.

Plantamos leitugas rizadas, porro, pepino e calabacíns... Agora tócanos coidalos e que o tempo atmosférico se atope da nosa parte, para poder recoller os froitos e disfrutalos nos menús que nos elabora o noso cociñeiro no comedor.😋😋😋














miércoles, 15 de marzo de 2023

GANDARÍA PULUÁN S.C. LEITE E QUEIXOS DA NOSA RIBEIRA SACRA

Co gallo do día da Muller 8 de Marzo, recibimos no Baliño a algunhas mulleres do noso entorno que se ofreceron voluntariamente para falarnos dos seus traballos. Entre estas fantásticas mulleres, tivemos o gusto de acoller a Puri, dona xunto co seu marido e fillos dunha explotación leitera familiar en Monforte, na que aproveitan o leite que producen as súas vacas para transformalo en queixos. Como iniciativa distintiva, contounos que maceran algúns dos seus queixos en viños Mencía para aproveitar o prestixio da zona na que se ubican. 

Ademais deste queixo elaboran queixo fresco, semicurado e curado en formatos de kilo e medio kilo.

Explicounos o que fan no día a día na súa explotación, como reparten e colaboran no traballo, cales son os produtos que elaboran e cal e o proceso que seguen... Aprendemos de onde veñen certos alimentos e que detrás do seu consumo teñen un arduo traballo e proceso de elaborado. Fixémoslle moitas preguntas! Pasamos un bo rato xuntos

Despois Puri agasallounos cuns queixiños que ese mesmo día degustamos no comedor acompañados de marmelo para a sobremesa...

Podémosvo recomendar encarecidamente porque estaba delicioso!!!

Moitas grazas Puri e familia!!







lunes, 13 de marzo de 2023

SEMANAS DE REPARTO DE FROITA FRESCA NOS TEMPOS DE OCIO

Dende o luns 13 de marzo e ata o venres 24 de marzo deste curso, procederase ao reparto de froita fresca durante os tempos de ocio.

Esperemos que gocedes comendo froita rica e saudable!!!



miércoles, 1 de febrero de 2023

PIRIXEL EN ENVASES DE REFUGALLO

Hoxe a rapazada de 3º e 4º de Primaria, dirixidos pola súa titora Maite, empregando envases de botellas de refugallo, plantaron sementes de pirixel de folla lisa para posteriormente trasplantar a nosa horta do cole.

Como vedes seguimos preparando e coidando o noso pequeno horto, para posteriormente aproveitar os produtos obtidos nos menús do noso comedor. É unha actividade de concienciación e visibilización que traballa moitos valores como o coidado da natureza e o medio ambiente, posibilidades que nos brinda o cultivo e aproveitamento do que a terra nos da, seguindo o fío conductor do noso proxecto de investigación común "Miña terra galega".












ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA