Os nenos e nenas de 1º e 2º xunto con seu titor Jimmy, levaban un tempiño investigando e aprendendo sobre o reino das plantas, proxecto dentro da área de Ciencias Naturais. En concreto e tendo en conta o Pdi da escola “Coñecendo a provincia: lucus augusti”, achegáronse as árbores galegas e lucenses máis comúns que atopamos nas montañas e preto dos ríos Sil e Miño. E como non, unha das árbores por ontonomasia é o noso coñecidísimo CASTIÑEIRO. Ai pero do castiñeiro obtense o froito da castaña… e a castaña está nun ourizo que pincha… como as sacamos de aí? Pois tamén o practicamos, saíndo a recollelos a un souto próximo. Como mola a natureza!
E aí xurdiuna idea, rematar o miniproxecto cunha receita tamén típica, Crema de castañas, que logo aproveitamos para degustar nunha merenda compartida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario