Mostrando entradas con la etiqueta mandarina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mandarina. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de octubre de 2021

MERENDAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

 Chegou o Samaín ao Baliño!! 🎃

Que terrorificamente contentos estamos! Canto nos gusta a festa e en especial esta!

Para celebralo ademais doutras actividades, preparamos unhas arrepiantes merendolas nos diferentes grupos de convivencia coa inestimable axuda das titoras e resto de persoal que apoiou!

Nas dúas aulas de Infantil e en 1º e 2º de primaria, sorprendéronnos cunhas medorentas CABAZAS FRUTAIS. 



A rapazada de 3º e 4º decoraron unhas MANDARINAS MONSTRUOSAs e uns QUEIXOS MOMIA que metían medo.



E por último, nos cursos de 5º e 6º, deleitáronse cuns PLÁTANOS-CHOCOPANTASMAGÓRICOS!!!





Mirai, mirai e tomai nota de como nolo montamos no BALIÑO para gozar de merendas saudables e moi divertidas.

VIVA O SAMAÍN,

 VIVA O SAMAÍN, 

NO BALIÑO E CON LERÍN!!!!

 (Versos do rap creado e cantado polo alumnado de 3º e 4º. Atoparédelo na blog da biblioteca e na icona da radio escolar da nosa web)



Gracias aparte ao alumnado de 3º e 4º e a súa titora que tiveron a ben acordarse do resto de persoal docente e non docente neste día pavoroso e para que non "morreramos de fame", elaboraron na súa cociña terrorífica uns OLLOS DE OGRO cunha pinta deliciosa!!!












domingo, 1 de noviembre de 2020

FROITA ARREPIANTE CREATIVA NO SAMAÍN

Ola amigos e amigas do blogue do Aliménta-t ben do Monte Baliño. Aquí estamos de volta!!✋✋✋✋

Unha pandemia e un confinamento non ían poder con nós; así que voltamos, con máis ansia se cabe, a encher este oco virtual das nosas ideas para fomentar unha alimentación saudable e a aprendizaxe sobre os alimentos nos recunchos das nosas cociñas.

Que mellor maneira de dar comezo que cunha entrada festeira, celebrada en pleno Samaín. Unha festa da que gozamos no noso cole rindo co medo! Desta volta, a proposta foi decorar de xeito creativo e temático mandarinas e plátanos.🍌🍌🍊🍌🍊 Fixémolo con "iron fix", na pel destas froitas e de xeito individual, co gallo de respectar as medidas sanitarias impostas. Por suposto, un BO LAVADO DE MANS ANTES DE COMEZAR!!

Deixaron voar a imaxinación a lugares recónditos para facer as súas creacións máis arrepiantes e porque non, co seu toque de diversión!! Os nosos alumnos e alumnas son uns cracks. 

Mirade que ben o pasaron e cales foron os resultados! 

  • Canción: No Samaín
  • Artista: Paco Nogueiras
  • Albume: Brinca Vai


viernes, 10 de abril de 2020

ESPETOS DE FROITA #EUQUEDONACASA

Oes??? que xa pechamos unha semana máis e con iso... QUEDA UN DÍA MENOS👯

Pasan os días e as semanas e seguimos a lembrarvos que TODO PASARÁ e TODO VAI SAIR BEN!!!🌈🌈

Pechan esta semaniña os nosos compis de Infantil e 2º de primaria, AIXA e THIAGO, que xunto coa súa familia, nos envían a súa coci-receita xuntos: ESPETOS DE FROITA #EUQUEDONACASA




INGREDIENTES:
  • un plátano
  • 5 fresas
  • 2 melocotóns
  • 2 mandarinas
  • chocolate de cobertura (opcional; tamén lle podedes botar caramelo ou calquera outro sirope para facelo máis doce)
A cantidade de ingredientes dependerá do número de espetos que queiras realizar.

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Lavar as mans e as fresas🍓. Pelar os plátanos🍌 e as mandarinas🍊.
  2. Cortar a froita en anacos.
  3. Colocar os anacos facendo a serie que máis che guste (intercalando froita...) nun espeto.🍓🍊🍌🍓🍊🍌
  4. Botarlle chocolate
  5. E a papala!!
Aiiii, a froita!!! Canto xogo da!! Estou segura de que estes dous irmáns pasaron un tempiño xuntos do máis divertido e despois compartiron xuntos a delicia que prepararon.










MOITÍSIMAS GRACIAS A AIXA, THIAGO E MÁIS A SÚA FAMILIA!! Estamos encantados de recibir as vosas receitiñas e as vosas fotiños para ver que estades ben, sendo felices e aprendendo dende as vosas casiñas!!


Esperámosvos prontiño de novo!!! Un saudiño compis!!!👋💋

jueves, 9 de abril de 2020

ARCO DA VELLA DE FROITA #TODOVAISAIRBEN

Boas compis e compas do noso blogue de Alimenta-T Baliño, recordarvos que xa queda....UN DÍA MENOS!!!!
Isto está chupado! Estamos orgullosos e orgullosas de como o estando facendo, bravo polos nosos superheroes e superheroinas!!!👏👏👏
Hoxe a nosa pequena de Infantil, LEIA E MÁIS A SÚA FAMILIA mándannos unha receita multicolor para alegrar calquera comida: ARCO DA VELLA DE FROITA #EUQUEDONACASA




INGREDIENTES:
  • un bo puñado de amorodos
  • un plátano
  • unha mazá
  • unha mandarina
PASOS ELABORACIÓN:
  1. O primeiriño de todo é LAVAR MOI BEN AS MANS, os amorodos e a mazá; sacarlle a casca o plátano e a mandarina.
  2. Colocamos cada froita nun recipiente distinto e, coa axuda dun adulto, picamos o plátano, a mazá e os amorodos en anacos tan grandes ou pequenos, como mellor nos pareza.
  3. Escollemos un prato chan para que nos sexa máis sinxelo crear o noso "ARCO DA VELLA" e comezamos a colocar a froita. Leia fíxoo na seguinte orde: amorodos, mandarina e finalmente, mazá para crear os arcos.
  4. Unha vez que temos os arcos, colocamos os anacos de plátano en cada punta, como se fosen nubes de algodón.













E así, xa estaría listo o noso ARCO DA VELLA particular, para comer unha boa merendola sá, divertida e sobre todo moiiiiii colorida!!








BO TRABALLO LEIA;cóntannos que en canto rematou púxose a merendar porque lle encanta a froita 😋😋e por suposto, non se esqueceu do seu irmán Jairo, e invitouno á paparota!!


Pois xa o vedes, con unhas pezas de froita e moita moita imaxinación e creatividade, aquí temos unha receita sinxela para pasar un ratiño entretido coas nosas familias durante estes tempos de confinamento.

Non olvidemos que con estas actividades, ademais de reforzar e traballar motricidade fina, habilidades para a vida cotiá (manexo do coitelo), hábitos de saúde e alimentación, fomentar a creatividade, atención...tamén fomentamos valores como a colaboración, o respeto, a familia, o traballo en equipo...

MOITÍSIMAS GRACIAS A LEIA E A SÚA FAMILIA, por compartir con nós o seu ARCO DA VELLA DE FROITA  buscando encher de cor estes distintos momentos da nosa vida.

Non vos olvidedes que sorrir😀 é a mellor menciña para os momentos complicados. SOMOS IMPARABLES E COMO DI LEIA E A SÚA FAMILIA: TODO VAI SAIR BEN!!!!

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA