martes, 29 de marzo de 2022

OBRADOIROS "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

 Este curso, dentro do plan Proxecta Aliméntate ben no que estamos inmersos, volvemos recibir o obradoiro de "Ti si que es un bo peixe" no noso cole. 

Os diferentes grupos de convivencia atenderon as achegas didácticas e educativas, en formato audiovisual, que nos trouxeron os monitores da actividade. Presentáronnos diferentes peixes mariños, a forma da súa recollida e pratos típicos que se podían realizar cos mesmos.

Para rematar as sesións realizamos unha coreografía movendo o corpiño cunha canción moi mariñeira.

Grazas polos agasallos que nos trouxeron!! 



lunes, 28 de marzo de 2022

PROXECTO "OS CÍTRICOS" EN 3 ANOS

A rapazada de Infantil de 3 anos, meteuse de cheo na investigación dos CÍTRICOS nun pequeno proxecto liderado polas súas mestras Tamara e Nati

Todo comezou coa chegada á aula dunha bolsa misteriosa... que habería dentro? Comezaron a pensar e facer suposicións, e trataron de adiviñar o que había dentro empregando o sentido do tacto. Sabedes o que era? CÍTRICOS (laranxas, pomelos, limóns, limas e mandarinas)!🍊🍋🍊🍋🍊🍋!! 

Cando o misterio estivo resolto, puxeron en "jaque" todos os seus sentidos: observaron, uliron, tocaron...

E a partires de aquí, realizaron unha chea de actividades con eles:

  • Lóxica matemática: Ordearon segundo o seu tamaño de maior a menor
  • Lectoescritura: asociando froita ao seu nome e escribíndoo.
  • Motricidade fina: recortando e pegando as letras que compoñían os nomes das froitas; con pinzas recoñecer froitas sumerxíndoas en auga tinguida (da cor dos cítricos) con goteiro sobre mesa de luz.
  • Creatividade: estampación das diferentes froitas e asociación do nome con selos de letras; bodegón con pinceis e témperas.
  • Estimulación sensorial: cata de zumes
  • Estimulación da linguaxe: poñendo fin ao proxecto co recitado dun fermoso poema titulado " Bicos Laranxas

A continuación deixámosvos un video cos momentos vividos durante este miniproxecto no que abofé que aprenderon e se divertiron moito. 

Grazas aos pequenos e pequenas por transmitirnos a ilusión e grazas mestras por facelo posible!!!


 

martes, 15 de marzo de 2022

SOBREMESA DE OBLEAS

A rapazada de Libre disposición de 4º xunto cos seus compis de 3º prepararon unha sobremesa para festexar o entroido chea de ilusión e cor: unha deliciosa tarta de obleas da que demos boa conta. Sen azucre engadido aos ingredientes previos.

Puxémonos as botas!!! Somos uns lambóns e unhas lamboas!

Moitas grazas aos nosos compis e a Maite pola tan ben recibida iniciativa.

INGREDIENTES:

  • Obleas
  • chocolate fundido (á taza, fondue...)
  • Boliñas de chocolate branco, negro...

ELABORACIÓN: 

1. Derreter o chocolate

2. Estender chocolate por riba das obleas colocándoas unhas enriba doutras.

3. Verter chocolate sobre a montaña de obleas.

4. Reservar na nevera ata o día seguinte.

5. Sacar da nevera e decorar con creatividade.  

  Animádesvos a facela na casa ???





 

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA