viernes, 28 de mayo de 2021

ESCORNABOTS SAUDABLES e ESPETOS DE FROITA SAUDABLE

Seguimos a aprender cos escornabots dentro das nosas aulas. Unha maneira atractiva, divertida e manipulativa de achegar coñecementos aos nosos pequenos e pequenas.

Esta vez Bluebot visitou a aula de Infantil na hora de estimulación da linguaxe e traballlamos o vocabulario das froitas (cereixas, limón, marmelo, laranxa, mandarina, figo...) e das árbores froiteiras (cerdeira, limoeiro, marmeleiro, laranxeira, mandarineira, figueira...)

Como xogamos? Lanzamos o un dado xigante coas árbores e segundo a que nos indicaba, programamos a Bluebot para chegar a súa froita correspondente.

O que acertaba, gañaba un escornapunto!




Ao día seguinte tivemos sorpresa saudable coas froitas: seguimos series dadas nunha tira de papel, elaboramos uns ricos ESPETOS DE FROITA VARIADA acompañados de chocolate ou caramelo.

Os nosos compas de 1º e 2º tamén se animaron!!! Mirade como lambemos!!!!👀👀👀👀😛😋😋



EXCURSIÓN VIRTUAL PROGRAMA "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

Como colofón final ás modalidades incluidas dentro do programa Aliméntate ben, no que participamos no Baliño, realizamos unha excursión. Unha excursión organizada polos responsables do programa "Ti si que es un bo peixe". Pero esta excursión, levounos ao mundo do mar sen nos mover do interior...como pode ser? Pois realizando unha excursión de xeito virtual.

Queredes saber todo o que fixemos este día?... Aí vai!!

Para empezar, contámosvos que realizamos a excursión en dous grupos: grupo de convivencia de 3º e 4º e grupo de convivencia de 5º e 6º.

  • Comezamos o obradoiro co visionado dun video con gafas de realidade aumentada para posteriormente facer unha posta en común do visto.
  • A continuación realizamos diferentes e divertidas actividades relacionadas coas especies mariñas e o mar:
  1. Marisqueo: Identificación de bivalvos, medidas do tamaño mínimo das diferentes especies para valorar a importancia de cumprir e respectar os mesmos. 
  2. Imos de pesca ou Hábitat de cada especie, extracción e comercialización: artes de pesca, medida de peixes e tamaño mínimo co ictiómetro, recoñecemento da frescura dun peixe, identificación de produtos da pesca (etiqueta), simulación dunha poxa   
Finalmente, rematamos este obradoiro tan instructivo e manipulativo, co reparto por parte dos monitores dun saboroso catering individualizado e entregado a cada participante por separado nunha bolsiña de papel (xenial...LIBRE DE PLÁSTICOS) na que se incluían: unha ensaladiña, un sandwich, un iogur e unha botella de auga.

A rapazada gozou das actividades plantexadas, aprendeu e adquiriu coñecementos saudables e outros que lles permiten reflexionar e ser críticos e coidadosos coas especies mariñas e comeu e compartiu unha merenda completa e sa co resto de compañeiros e compañeiras.

Moitisimas gracias aos nenos e nenas pola vosa participación e polos vosos sorrisos tras os tapabocas e por suposto, MOITISIMAS GRACIAS ÁS MONITORAS QUE NOS ORGANIZARON E DERON FORMA A ACTIVIDADE a pesares desta época non tan sinxela!!

Sigamos nadando cara adiante!!



COIDANDO DO NOSO PEQUENO HORTO ESCOLAR

Esta semana estivemos moi atarefados co coidado do noso pequeno horto escolar. Os horti-axudantes fixeron de todo para manter a nosa producción ao día e nos poder aproveitar dela o máis pronto posible.

Estamos a ter unhas altas temperaturas, polo que debemos regar a cotío. Velaquí tendes a Ana de 2º dando de beber aos tomates. 🍅🍅🍅



Por outra banda, a nosa mestra Maite, preparou quendas de regadío para que todo o alumnado participe durante os tempos de lecer, pero dun xeito organizado. Tomás e Alexander regan na quenda do seu grupo de convivencia (3º-4º) aos que lles toca esta semana. A que se lles da moi ben?? Traballo en equipo!!👌💪💪


E por último, para completar un pouquiño máis a variedade de produtos (leitugas, tomates, cebolas...), as nosas compañeiras de 4º plantaron lombarda.





viernes, 14 de mayo de 2021

PROGRAMA: FAI CLIC AO TEU BOCATA

Non paramos de recibir visitas no Baliño...Tranquil@s, que non cunda o pánico!! Cumprimos e gardamos todas as medidas necesarias de hixiene atendendo as circunstancias actuais.

Hoxe chegaron de visita express os monitores do programa "Fai clic ao teu bocata" (Consellería do Mar), sustituto do seu predecesor no que participamos o ano anterior "Ponlle as pilas ao teu bocata".

A finalidade principal deste programa é dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través das conservas debido a súa importancia nutritiva. Como??? Pois a través de explicacións teórico-visuais e como produto final, a degustación dun delicioso bocata.

Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, Roi, o científico especializado en química que investiga o proceso da conserva, acompañados de Lata e a súa familia (Bote, Trilatas) e de Pan e a súa familia (Molde e Millo), farán un percorrido a través das características de diferentes conservas (dende o seu hábitat natural ata chegar a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de enlatado).

Como colofón, os monitores prepararon uns bocatas saudables mesturando diferentes ingredientes coa finalidade de saber apreciar as inmensas posibilidades culinarias para non caer na rutina e facer da elaboración e degustación das nosas merendas un momento creativo e divertido, cheo de nutrientes sans para o noso corpo.

Este día, durante o tempo de lecer, gozamos comendo o bocata na compaña (con distancia) dos nosos/as compañeiros/as. 

Agradecemos aos monitores e organizadores os agasallos que nos deixaron (entregados á rapazada uns días despois de estar en corentena): estoxo para gardar o bocata, trípticos informativos e receitas de bocatas saudables e completos.

Graciñas infinitas aos monitores polas súas explicacións e polo bo rato pasado!

Coma sempre, deixámosvos o vídeo recopilatorio deste entretido obradoiro!! 


sábado, 1 de mayo de 2021

SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE LEITE

 

Entre os días 3 DE MAIO E 14 DE MAIO, ambos inclusive, levarase a cabo o reparto de leite durante o tempo de ocio da mañá como merenda saudable. 🐮🐮🐮

Non o esquezades!! 

SORPRESA! Quizais lle engadamos algún día cacao!🍫

Nota: Os pequenos e pequenas da aula de Infantil, consumirán o leite na súa aula seguindo as medidas de hixiene e seguridade pertinentes.



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA