viernes, 29 de abril de 2022

MINI-PROXECTO "OS OVOS" PARTINDO DO CONTO "LADRÓN DE GALLINAS"

Os máis pequenos e pequenas do Baliño xunto coas súas titoras investigaron en profundidade sobre os OVOS. Como? Pois co mellor xeito de aprender...XOGANDO! E por suposto, empregando tódolos seus sentidos o que permitiu unha estimulación a tódolos niveis: visual, olfativo, táctil...

Comezaron debullando millo para traballar esas mauciñas e a motricidade fina ademáis de recoñecer e identificar os diferentes tipos de millo. Enumeraron as espigas e déronlle de comer a pita do conto, que lles deixou como agradecemento unha sorpresa: UNHA CESTIÑA CHEA DE OVOS!

Con eses ovos... que fixeron? Pois cascáronnos e separaron clara de xema coas súas mans. Traballaron tamén as diferentes formas de cocción do ovo coa asociación imaxe -palabra (lectoescritura) e realizando o grafo das letras que formaban as palabras: fritido, cocido e batido.

Como son moi organizadiños e están moi concienciados co mundo que os rodea, decidiron aproveitar as cascas para abonar a terra da horta do cole.. Aquí non tiramos nada ao que se lle poida dar un novo uso! Machacaron as cascas con moito coidado e coñeceron que esta parte do ovo ten moitas propiedades.

Para ir rematando este miniproxecto, coa axuda dunha pesa, traballaron a lóxica-matemática vendo que ovo pesaba máis: un ovo cocido ou un ovo crú. E como colofón chegou o momento da parte máis divertida na que experimentaron empregando o corpo e gozando cos sorrisos: cos pés descalzos pisaron ovos para descubrir cal era un ovo cocidos e cal era un ovo crú. 

Polas fotiños, a verdade e que podemos imaxinar que o pasaron fenomenal e aprenderon un montón.

Moitas grazas as titoras por facer que aprender sexa unha actividade do máis entretida e moitas grazas aos nenos e nenas polos vosas cariñas cheas de ilusión!!







viernes, 22 de abril de 2022

ESPINACAS E REPOLOS NA HORTIÑA DO BALIÑO

A hortiña do Baliño comeza a ir collendo forma. Chegou a primavera e con ela o tempo de plantar!

O alumnado de 1º e 2º xunto coa súa titora Maite, transplantaron espinacas que pronto medrarán e formarán parte de deliciosos pratos do noso comedor.

Ademais tamén recolectaron os preciosos repoliños que podedes ver e cos que Bea, a nosa cociñeira, preparou un rico e quentiño caldiño nestes días nos que volveu o frío.













viernes, 8 de abril de 2022

TARTA DE QUEIXO AO FORNO

Buff que ben cheira!!!Dáme que temos sobremesa desas ricas...😋
A rapazada de 4º volveu aos fogóns!! Traballaron en equipo para preparar unha deliciosa sobremesa "Tarta de queixo ao forno" para todo o Baliño. Que ben nos coidan!
Deixámosvos evidencia fotográfica da súa receita para que a podades preparar en familia nas vosas casiñas.






ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA