sábado, 30 de octubre de 2021

MERENDAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

 Chegou o Samaín ao Baliño!! 🎃

Que terrorificamente contentos estamos! Canto nos gusta a festa e en especial esta!

Para celebralo ademais doutras actividades, preparamos unhas arrepiantes merendolas nos diferentes grupos de convivencia coa inestimable axuda das titoras e resto de persoal que apoiou!

Nas dúas aulas de Infantil e en 1º e 2º de primaria, sorprendéronnos cunhas medorentas CABAZAS FRUTAIS. 



A rapazada de 3º e 4º decoraron unhas MANDARINAS MONSTRUOSAs e uns QUEIXOS MOMIA que metían medo.



E por último, nos cursos de 5º e 6º, deleitáronse cuns PLÁTANOS-CHOCOPANTASMAGÓRICOS!!!





Mirai, mirai e tomai nota de como nolo montamos no BALIÑO para gozar de merendas saudables e moi divertidas.

VIVA O SAMAÍN,

 VIVA O SAMAÍN, 

NO BALIÑO E CON LERÍN!!!!

 (Versos do rap creado e cantado polo alumnado de 3º e 4º. Atoparédelo na blog da biblioteca e na icona da radio escolar da nosa web)



Gracias aparte ao alumnado de 3º e 4º e a súa titora que tiveron a ben acordarse do resto de persoal docente e non docente neste día pavoroso e para que non "morreramos de fame", elaboraron na súa cociña terrorífica uns OLLOS DE OGRO cunha pinta deliciosa!!!












jueves, 28 de octubre de 2021

TARTA ANIVERSARIOS OUTUBRO: BISCOITO MÁRMORE (RECEITAS CON RUFO)

Seguimos cos nosos macro-aniversarios. Esta vez tocoulles aos nacidos e nacidas no mes de Outubro. 

Os nosos expertos e expertas en sobremesas, a rapazada de 1º e 2º de primaria, capitaneados pola súa titora e coa axuda de Bea, seleccionaron unha receita saudable do libro Grandes Receitas: O raposo Rufo (de Dani Viéitez e Iria Iglesias) os papis dos nosos compis Fiz e Lila. 



Preparáronos un marabilloso BISCOITO MÁRMORE.

Os ingredientes que empregaron seguindo a receita foron:

  • leite
  • fariña
  • lévedo en pó
  • ovos
  • aceite
  • cacao
  • azucre
Por suposto, non olvidar lavar ben as mans antes de poñerse a manipular alimentos. É esencial manter uns hábitos de hixiene axeitados!
Velaquí tendes o Como se fixo e o resultado final.


Se vos animades a facelo, non esquezades que temos a vosa disposición o libro para empréstito na biblioteca de Lerín!📖

miércoles, 27 de octubre de 2021

ARTE EN SAMAÍN CON MAZÁS

 A titora do grupo de 4 e 5 anos, propúxelles aos seus pequenos e pequenas unha actividade moi orixinal, na que descubriron que ademáis de como alimentos saudables, as mazás podían ter máis utilidades.

A proposta estivo rodeada de arte e creatividade coa temática do momento: Estampar mazás para dar vida a cabaciñas terroríficas de Samaín.

Aquí tendes unha pequena recolleita fotográfica da sesión cos artísticas de infantil. 

Probai a facelo e dade renda solta a vosa imaxinación coma eles e elas!




lunes, 25 de octubre de 2021

CABAZAS EN 3 ANOS

As mestras de Infantil, argallaron nas actividades previas ao Samaín unhas propostas didácticas moi divertidas.

Na primeira proposta, a "cativada" achegouse as cabazas dun xeito moi sensorial, empregando os sentidos do tacto, o olfacto e o sobretodo, o tacto... Miramos, ulisqueamos e tocamos! Cantas sementes ten a nosa cabaza!! Que sesión máis entretida! Non pensedes que quedou aí a cousa! Para desenvolver a súa creatividade, deixaron voar a súa imaxinación e crearon obras de arte empregando pinturas! 









Na segunda proposta con cabazas, a actividade foi de achega a lóxica matemática e o mundo dos xeoplanos. Velaí os tendes, traballando a motricidade fina e deixándose levar! Non é fácil eh!



martes, 19 de octubre de 2021

ACTIVIDADES NA NOSA HORTIÑA

Ben é sabido que o traballo nunha horta nunca falta e que é importante levalo a cabo para poder recoller os tan anhelados froitos caseiros.

Como o temos moi clariño, non esquecemos regar, arrincar herbiñas malas e por suposto, recoller... 


Mirade que exemplares feitiños de leitugas!! a que están espectaculares? 



A nosa maceira déunos dúas mazás ben fermosas, recollemos amorodos e ata un porro. 🍏🍏🍓🍓🍓🍓🌱




Que gustiño da ver que o traballiño ben feito e gozado trae recompensas!!



Vede a rapazada de 1º e 2º de primaria  ademais de aprender xuntos, traballan en equipo e colaboran polo ben común!










viernes, 15 de octubre de 2021

BATIDO DE IOGUR E FRAMBOESAS

Este venres durante o tempo de ocio, ademais de merendar con froita (coma en tódolos recreos no Monte Baliño), tivemos unha sorpresa....

BATIDO DE IOGUR E FRAMBOESAS 😋😋

Estaba deliciosamente rico!!

Podedes animarvos a preparalo, non pode ser máis sinxelo! So precisades, collede nota: leite, iogur natural (tamén empregamos iogur sen lactosa, para os intolerantes) e framboesas ben lavadiñas e fresquiñas. Bater todo xunto e listo!!!



Como vedes no Baliño, montamos unhas merendas moi saudables!!

Como sempre aquí vos deixamos fotiños para dar envexa... Sa eh!











lunes, 11 de octubre de 2021

XOGOS NA ASEMBLEA DE INFANTIL CON FROITOS DO OUTONO

Os máis pequechos do cole xogan e aprenden durante a asemblea matutina con froitos e elementos do outono: castañas, landras, follas... 

Realizan mandalas, asocian cantidade e número, fan seriacións... Empregando materiais que atopamos na natureza e achegando a aprendizaxe ao entorno máis próximo, traballan creatividade, atención, lóxica-matemática, respeto de quendas e moitos aspectos máis.

Deixámosvos fotos dos seus momentiños na aula!







sábado, 9 de octubre de 2021

SALVAMANTEIS EN 4º INFANTIL

OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 3 ANIÑOS, XUNTO COA SÚA MESTRA TAMARA, FIXERON UNS BONITOS E ÚTILES SALVAMANTEIS PARA EMPREGAR DURANTE O TEMPO DA MERENDA.

Para a decoración empregaron diferentes froitas: uvas, kiwis, plátanos, amorodos, arandos, piña, sandía...🍎🍐🍉🍊🍌🍍🍓🍒 Cada un elixiu os que quería e pegounos! Unha tarefa sinxela pero moi vistosa e creativa, ademáis de saudable😋



POÑEN A MESA, MERENDAN E RECOLLEN! 🍴

Cousiña importante ademais da alimentación é que a rapazada adquira hábitos de hixiene e limpeza antes, durante e despois do propio proceso de alimentación. Así que velaquí os tendes gozando deste tempiño xuntos compartindo.
Deixámosvos cos e coas protagonistas: Miro, Odra, Defne, Arón, Anxo, Irene e Thiago. 
ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!








ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA