viernes, 27 de mayo de 2022

TAREFAS DO HORTO ESCOLAR: PLANTANDO LEITUGAS E RECOLLEITA DE AMORODOS

O noso pequeno horto neste tempo da traballiño pero tamén nos da moitas recompensas...

A rapazada tivo a laboriosa tarefa de plantar leituguiñas para as ensaladiñas que nos "papamos" no comedor e como agasallo, a terriña permitiulles recolectar uns deliciosos amorodos que gozaron comendo...





miércoles, 18 de mayo de 2022

HEALTHY FRIDGE

Nati e Madi prepararon unha nova actividade en inglés co tema da alimentación co alumnado de 1º e 2º. Seguimos a tope coa creatividade e a reciclaxe. 

Nesta tarefa traballaron a comida típica americana, aprendendo os nomes, escribíndoos e recoñecendo os alimentos e organizando os seus frigoríficos en tres estantes: bebidas, comidas e sobremesas.

Empregaron caixas de cartón para as súas obras de arte.

Velaquí vos deixamos unhas fotiños grupais!

Grazas por compartir!!

CLOSED


OPEN



viernes, 13 de mayo de 2022

OBRADOIROS "Fai clic ao teu bocata"


O venres 13 de maio recibimos á visita dos organizadores do obradoiro que leva por nome Fai clic ao teu bocata.

Os diferentes grupos de convivencia acompañados polo profesorado foron participando e disfrutando das actividades propostas polos organizadores do obradoiro. 

O alumnado recibiu información sobre alimentación saudable na que as conservas tiveron un especial protagonismo, nunha charla divulgativa dinámica e participativa. Á vez un dos organizadores, foi o encargado de realizar os bocadillos cos seguintes ingredientes: pan artesán, sardiñas, queixo, leituga e tomate natural.

Despois realizaron uns divertidos xogos relacionados co tema.

Deixámosvos coa recopilación visual da realización deste obradoiro no que gozaron e aprenderon... Que mellor maneira!!??



jueves, 12 de mayo de 2022

PLAYING AND LEARNING WITH TEACHER NATI AND MADI

O alumnado de 1º e 2º nas súas clases coa teacher Nati e a auxiliar de conversa Madi, estiveron traballando arreo no tema da alimentación. 

Nesta actividade que comparten con nós, fixeron brotar as súas dotes artísticas debuxando na columna correspondente ao mesmo tempo que clasificaban entre HEALTHY FOOD e UNHEALTHY FOOD.

Como podedes ver temos uns e unhas artistas capaces de distinguir entre os alimentos que serían saudables e non saudables para alimentar os seus corpos e as súas mentes.



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA