viernes, 19 de junio de 2020

TARTA 3 CHOCOLATES DESPEDIDA CRIS 6º

Ben, pois nada cociñeiros e cociñeiras de Baliño. Rematamos este aniño escolar raro, complicado pero cheo de aprendizaxes novos. Rematamos as nosas "aventuras receteiras" neste pequeno espazo ao que todos e todas vós destes vida! Un GRACIAS ENORME👏👏 por facelo todo máis sinxelo, por participar cos vosos videos e fotos, por compartir dende as vosas casas, por todos os vosos sorrisos e as vosas deliciosas propostas. 

A nosa compi de 6º Cris, que este ano deixa o cole para comezar unha nova andaina e unha alucinante aventura no Instituto, quixo pasarse por aquí para pechar un ciclo, para pechar o blogue ata setembro e deíxanos unha recomendación con pintaza: TARTA DE 3 CHOCOLATES. 🍰Pode ser máis doce, ela e a tarta? 

MOITÍSIMAS GRAZAS CRIS... 💜💜💜💜💜😍Recorda que aínda que te vaias de Baliño, este sempre será o teu segundo fogar e serás sempre benvida ao cole e a pasarte para saudar polo noso blogue Aliméntate Ben (se algunha vez che apetece, manda as túas receitas...estaremos encantadísimos de verte!!)

Sen máis deíxovos co seu video que xa é unha experta, e deséxovos un FELIZ VERÁN!  🌞🌈🌅🌊🌈
Xogade, compartide e ride, ride todo o que poidades!!
PICADE NA SÚA FOTO PARA VER VIDEO!

viernes, 12 de junio de 2020

XEADOS DE FROITAS

Boas a todos e todos os membros e visitantes do noso blogue cociñeiro de Monte Baliño!

Como xa queda ben pouquiño para rematar o curso e sobre todo para a tan ansiada chegada do verán, imos deixarvos unha entrada con un dos protagonistas indiscutibles: os XEADOS.

Receitas variadas, fresquiñas e sobre todo saudables, para que poidades poñer en práctica e mandarnos fotiños dos vosos resultados se vos apetece aparecer por aquí no noso blogue.


XEADO DE PLÁTANO, AMORODO E ARÁNDANO.

- Corta o plátano en anacos pequenos, empregando un coitelo de serra poden axudar ata os máis peques.
- Méteo no conxelador durante doce horas aproximadamente.
-Incorpora no plátano conxelado, amorodos e arándanos, bate e....

XEADO LISTO.😋🍨 Se che apetece podes engadirlle un pouco de chocolate raiado ou améndoa picada....UN PRACER PARA O PALADAR!


POLO DE LARANXA, SANDÍA E KIWI

-Corta en anacos pequenos a sandía e o kiwi. Bate por separado.
-Espreme o zume de laranxa.
-Reparte en recipientes de facer cubiños de xeo e en tarriños. Se tes moldes de polo, xenial.
-Coloca un pau pequeno no centro 
-Méteo no conxelador unhas 3 horas, para que endureza un pouco.

POLOS LISTOS!🍡😛

ESPERAMOS QUE FAGADES ESTAS RECEITAS E QUE GOCEDES DUN SABOR FRESQUIÑO NAS TARDES DE VERÁN!!

 

miércoles, 10 de junio de 2020

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR é unha campaña deseñada pola Consellería do medio rural e do mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Pretende achegar aos nenos e nenas a esta información e ampliar os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas que traballan no tema e os consumidores á hora de preservar os recursos do mar. 

A través desta campaña, tivemos a sorte de optar a unha excursión preto do mar, a Vilanova de Arousa. Organizáronnos unha actividade de marisqueo xunto a grandes profesionales mariscadoras que nos explicaron unha chea de cousiñas interesantes. Logo trasladámonos ao porto e lonxa e alí observamos como é un día a día no proceso de compra e venda do produto. Tras unha mañá axetreada e unha viaxe moi longa dende o noso cole, pasamos ao almorzo, degustando diferentes produtos do mar nun pratos moi elaborados e atractivos.🐟🍴

Despois desta actividade tan marítima, non podiamos abandoar o noso plan, así que nos trasladamos a ILLA DE AROUSA, onde nos tiñan preparada unha divertida actividade de búsqueda do tesouro.🏁
Esta actividade estivo organizada pola oficina PIRAGÜILLA (OCIO E AVENTURA: prepararon un xogo de orientación a través do cal o alumnado se divertiu e entrou en contacto co entorno natural da illa. Un xeito de poñer en valor o entorno e facer que a actividade fose unha ferramenta para fomentar o respecto e o cuidado do noso entorno, fomentando o traballo en equipo e a comunicación en pro dun mesmo obxectivo.

Estamos chegando ao final, xa imos un pouquiño máis cansos e cansas e precisamos as vacacións de verán para desconectar, cargar pilas e voltar con moita enerxía para recuperar todos eses momentos que pola situación quedaron en espera.

Somos conscientes de que os folgos xa non son os que eran cando todo isto comezou, por iso queremos que saibades que seguimos estando con vós, que seguimos con moitas ganiñas de vervos, que seguimos aquí ao outro lado da pantalla! 

Por iso queremos recordar os últimos momentiños que pasamos todos xuntiños sen saber que nos depararía o futuro (e aínda non o sabemos): o día da excursión conxunta a Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Volverán todos eses momentos, volveremos a crear recordos, experiencias e vivencias novas xuntos no noso cole ou en calquera outro lugar. Así que gozade deste video cheo de aprendizaxe, olores (como o do mar), sabores (como os da deliciosa comida que deleitamos), cariño (como as apertas e bicos que nos demos), sensacións tactiles (como a da area mollada entre as nosas mans ou as ameixas que mariscamos), xogos (como o da búsqueda do tesouro na Illa) e montóns de anécdotas que ninguén nos borrará da nosa memoria.

ACTIVIDADE O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR



ACTIVIDADE PIRAGÜILLA BUSCA DO TESOURO

MILLÓNS DE GRACIAS PEQUENOS E PEQUENAS, SODES OS NOSOS 
SUPERHEROES E SUPERHEROINAS!!!

VÉMONOS PRONTO!!!


lunes, 1 de junio de 2020

RECEITAS DE VERÁN CON PLÁTANOS #EUQUEDONACASA

Bos días!! Damos comezo con moitísimas ganas e moitísimas esperanzas a unha nova semana e ademáis a un novo mes, o mes de XUÑO. En que momento isto pasou tan rápido? 
GRACIASSSS DE CORAZÓN A TOD@S por facérnolo tan ameno! 💙💚💛💜Sen vós ao outro lado, este blogue non tería a vida que lle destes durante este tempiño!Estou inmensamente agradecida!

Hoxe para inaugurar mes, a profe SARA envíanos un video con varias receitas deliciosas, sinxelas e moi apetecibles para facer con plátanos, esa froita que de seguro nos gusta a todos e todas. RECEITAS DE VERÁN CON PLÁTANOS #EUQUEDONACASA

Ollade o video tan chulo que nos preparou e sobre todo poñédevos máns á obra coas súas recomendacións. Eu pola miña parte probarei algunha sen dúbida.

MOITAS GRACIAS SARA!! Deíxovos co seu video. 

BIQUIÑOS E APERTAS VIRTUAIS XIGANTES!!!!👯💋💕💪


ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA