miércoles, 10 de junio de 2020

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR é unha campaña deseñada pola Consellería do medio rural e do mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Pretende achegar aos nenos e nenas a esta información e ampliar os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas que traballan no tema e os consumidores á hora de preservar os recursos do mar. 

A través desta campaña, tivemos a sorte de optar a unha excursión preto do mar, a Vilanova de Arousa. Organizáronnos unha actividade de marisqueo xunto a grandes profesionales mariscadoras que nos explicaron unha chea de cousiñas interesantes. Logo trasladámonos ao porto e lonxa e alí observamos como é un día a día no proceso de compra e venda do produto. Tras unha mañá axetreada e unha viaxe moi longa dende o noso cole, pasamos ao almorzo, degustando diferentes produtos do mar nun pratos moi elaborados e atractivos.🐟🍴

Despois desta actividade tan marítima, non podiamos abandoar o noso plan, así que nos trasladamos a ILLA DE AROUSA, onde nos tiñan preparada unha divertida actividade de búsqueda do tesouro.🏁
Esta actividade estivo organizada pola oficina PIRAGÜILLA (OCIO E AVENTURA: prepararon un xogo de orientación a través do cal o alumnado se divertiu e entrou en contacto co entorno natural da illa. Un xeito de poñer en valor o entorno e facer que a actividade fose unha ferramenta para fomentar o respecto e o cuidado do noso entorno, fomentando o traballo en equipo e a comunicación en pro dun mesmo obxectivo.

Estamos chegando ao final, xa imos un pouquiño máis cansos e cansas e precisamos as vacacións de verán para desconectar, cargar pilas e voltar con moita enerxía para recuperar todos eses momentos que pola situación quedaron en espera.

Somos conscientes de que os folgos xa non son os que eran cando todo isto comezou, por iso queremos que saibades que seguimos estando con vós, que seguimos con moitas ganiñas de vervos, que seguimos aquí ao outro lado da pantalla! 

Por iso queremos recordar os últimos momentiños que pasamos todos xuntiños sen saber que nos depararía o futuro (e aínda non o sabemos): o día da excursión conxunta a Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Volverán todos eses momentos, volveremos a crear recordos, experiencias e vivencias novas xuntos no noso cole ou en calquera outro lugar. Así que gozade deste video cheo de aprendizaxe, olores (como o do mar), sabores (como os da deliciosa comida que deleitamos), cariño (como as apertas e bicos que nos demos), sensacións tactiles (como a da area mollada entre as nosas mans ou as ameixas que mariscamos), xogos (como o da búsqueda do tesouro na Illa) e montóns de anécdotas que ninguén nos borrará da nosa memoria.

ACTIVIDADE O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR



ACTIVIDADE PIRAGÜILLA BUSCA DO TESOURO

MILLÓNS DE GRACIAS PEQUENOS E PEQUENAS, SODES OS NOSOS 
SUPERHEROES E SUPERHEROINAS!!!

VÉMONOS PRONTO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA