Como xa queda ben pouquiño para rematar o curso e sobre todo para a tan ansiada chegada do verán, imos deixarvos unha entrada con un dos protagonistas indiscutibles: os XEADOS.
Receitas variadas, fresquiñas e sobre todo saudables, para que poidades poñer en práctica e mandarnos fotiños dos vosos resultados se vos apetece aparecer por aquí no noso blogue.
XEADO DE PLÁTANO, AMORODO E ARÁNDANO.
- Corta o plátano en anacos pequenos, empregando un coitelo de serra poden axudar ata os máis peques.
- Méteo no conxelador durante doce horas aproximadamente.
-Incorpora no plátano conxelado, amorodos e arándanos, bate e....
XEADO LISTO.😋🍨 Se che apetece podes engadirlle un pouco de chocolate raiado ou améndoa picada....UN PRACER PARA O PALADAR!
POLO DE LARANXA, SANDÍA E KIWI
-Corta en anacos pequenos a sandía e o kiwi. Bate por separado.
-Espreme o zume de laranxa.
-Reparte en recipientes de facer cubiños de xeo e en tarriños. Se tes moldes de polo, xenial.
-Coloca un pau pequeno no centro
-Méteo no conxelador unhas 3 horas, para que endureza un pouco.
POLOS LISTOS!🍡😛
ESPERAMOS QUE FAGADES ESTAS RECEITAS E QUE GOCEDES DUN SABOR FRESQUIÑO NAS TARDES DE VERÁN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario