viernes, 29 de mayo de 2020

MACEDONIA #EUQUEDONACASA

Bos días baliñenses e baliñensas!! como vos vai o venres? Pois nada que se acaba o mes de Maio. Atrás deixamos experiencias novas para empezar un mes que xa está pretiño do verán: o mes de Xuño.✌🌞🌊🌅

Hoxe, temos de novo a unha antiga cociñeira que se pasou por aquí xa varias veces. Agora xa monta ela os seus propios videos. Así que pouquiño teño que engadir! A nosa compi VICKY tráenos hoxe MACEDONIA #EUQUEDONACASA🍉🍊🍍🍎🍐🍑🍓

Moitísimas gracias Vicky e familia por seguirvos acordando de nós!

Un saudiño e boa finde a tod@s!!!

jueves, 28 de mayo de 2020

EMPANADILLAS DE LANGOSTINO #EUQUEDONACASA

Vaise rematando maio, e xa chama á porta o mes de xuño. Aquí te estamos esperando, descontando días e creando recordos cociñeiros! UN DÍA MENOS!

Hoxe, volta ao noso blogue a mestra SARA, que nos trae a súa recomendación cun arrecendo a mar especial, ese mar que moitos estamos ansiosos de pisar e cheirar. Pronto pasará! Deíxovos coa receita de Sara, EMPANADILLAS DE LANGOSTINO #EUQUEDONACASA e co video que ela mesma nos envía! Así da gusto! 

Sen máis, CURTO E CAMBIO! 


miércoles, 27 de mayo de 2020

BISCOITO CEBRA #EUQUEDONACASA

BOS DÍAS A TODOS E TODAS!! Esperamos que estedes disfrutando nas vosas cociñas con todas as propostas que nos están enviando os nosos BALIÑENSES E BALIÑENSAS que xa queda UN DÍA MENOS e isto vai ir rematando!!!👌👌👌

No día de hoxe, temos de novo a visita da nosa mestra LAU, que nos trae unha receita con pintaza exquisita e cun nome moi atractivo: BISCOITO CEBRA #EUQUEDONACASA

A que vos chama a atención e estades desexando velo resultado? Os vosos desexos son ordes! Velaquí o tendes!! 



AII LAURIÑA, QUE GANIÑAS DE IR "PAPARCHO" TODO A TÚA CASA!!!


INGREDIENTES:
  • 4 ovos
  • 200 gr de azucre
  • 250 gr de leite
  • 250 gr de aceite de xirasol
  • 1 culleriña de vainilla
  • 250 gr de fariña
  • 1 culler de fermento
  • 1 pizca de sal
  • 3 culleres de cacao en pó (tipo Valor en lata e sen azucre)
  • 3 culleres grandes de fariña


PASOS ELABORACIÓN:
    1. Prequecer o forno a 180º arriba e abaixo
    2. Preparar ben o molde con manteiga e espolvorealo con fariña. Pór boca abaixo o molde para soltar o exceso de fariña
    3. Noutro bol mesturar o aceite, o leite e a vainilla.
    4. Tamizar a fariña, o sal e o fermento.
    5. Bater ovos co azucre ata que quede ben integrado. Engadir á mestura o aceite e o leite e logo a fariña. Mesturar todo ben.
    6. Separar en dous bowls igual cantidade. Nunha poñer 3 culleres de fariña e noutra 3 culleres de cacao. Mesturar cada unha ben por separado.
    7. Nun molde, no centro, engadir 3 culleres da mestura blanca. Non mover o molde para nada, ela esténdese soa.
    8. Xusto no medio 3 culleres de chocolate. Non mover.
    9. Seguir con 3 máis da blanca no centro e sen mover o molde ir facendo unha e outra vez o mesmo ata que nos quedemos sen masa.
    10. Introducir no forno e xa está. A partir dos 35 minutos pode empezar a estar. Non abrir antes o forno!! pinchar cun escarvadentes e se sae limpio xa está o biscoito. 
    11. Desmoldar!!
Moi boa pinta profe Lau!!! GRACIAS. Animaivos a facelo!!! 

BIQUIÑOS VIRTUAIS


martes, 26 de mayo de 2020

PETISÚS #EUQUEDONACASA, POR MANU, RUBÉN E A SÚA FAMILIA

Fai uns días publicamos unha entrada coa receita de PETISÚS da nosa mestra Sara. Pois ben, dous aplicados irmáns cociñeiros levárona a práctica e por suposto temos as fotiños das súa elaboración e das súas creacións!
Estamos segurísim@s de que estaban boísimos!!!MIRAI MIRAI👀👀










lunes, 25 de mayo de 2020

FLORES DE MAZÁ #EUQUEDONACASA

Bos días blogueir@s cociñeir@s!! outro día máis, outro DÍA MENOS!!😉

Hoxe recibimos no noso blogue a unha nova visitante, pero vella coñecida nosa, que está a participar en todo e máis do que propoñemos! Temos o pracer de presentarvos a nai de Adri e Dani, CRISTINA, que nos trae a súa recomendación cociñeira, unhas vistosas FLORES DE MAZÁ #EUQUEDONACASA



INGREDIENTES:

  • hoxaldre rectangular
  • mazás
  • azucre

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Córtanse as mazás en anacos moi finos e déixanse en azucre unhas horas para que se abrande co seu propio almibre.
  2. Córtase a plancha de hoxaldre en tiras e imos colocando as láminas de mazá
  3. Cara o fina, deixamos un anaco sen nada
  4. Vaise enrolando e dando a forma de flores.
  5. Montar nunhas tartaletas de papel
  6. Meter ao forno a 180º unha media hora (tendo en conta que depende de cada forno, controlar)










Como di Cris, "o resultado non hai máis que velo nas fotos" Unha auténtica obra de arte para comer!. 
Creo que nos van gustar moito Cris.

MOITÍSIMAS GRACIAS por participar coa túa aportación receteira.

BIQUIÑOS VIRTUAIS!!


viernes, 22 de mayo de 2020

REVOLTO DE ESPINACAS #EUQUEDONACASA

Bosssss días de novo!! Estes días con sol 🌞 dan un montón de vitalidade e enerxía!! Así da gusto berrar que xa queda UN DÍA MENOS. 

En serio que dende o blogue non paramos de agradecervos a vosa participación e non facemos máis que ver a vosa evolución! Cada día temos unha nova sorpresa vosa, cada día vemos como enriquecemos a aprendizaxe coas vosas aportacións. 

Hoxe temos no blogue a unha compi de 6º, CRIS, que ademáis de montar o seu propio video moi explicadiño, nos trae unha receita "la mar" de saudable e sinxela: REVOLTO DE ESPINACAS #EUQUEDONACASA.😋un dos meus pratos favoritos! Ademais emprega espinacas da súa propia horta e supoño que ovos das súas galiñas!! ISTO É MAGNÍFICO!!👏👏👏🐓🐓

Sen máis deíxovos con ela porque pouco teño que engadir.


MOITÍSIMAS GRACIAS A CRIS POLO SEU TRABALLO!
E xa sabes aquí te esperamos e a aquí vos agardamos a todos e todas ilusionados por recibirvos cada novo día na nosa COCI-BALIÑO!!

BICOS VIRTUAIS!!

jueves, 21 de mayo de 2020

BISCOITO DE CHOCOLATE #EUQUEDONACASA

Boísimos días familia de Baliño! Seguimos a aprender nas nosas cociñas e por descontando UN DÍA MENOS!! ✌

Hoxe a nosa compi Vicky de 3º Primaria, que nos trae  de proposta un delicioso BISCOITO DE CHOCOLATE #EUQUEDONACASA.🍴

Deixámosvos co video que ela e máis a súa familia nos envían. Temos uns e unhas auténticas INFLUENCERS COCIÑEIRAS!




Bueno, bueno, bueno... QUE SOLTURA!! Non deixades de sorprendernos día tras día. Isto é unha auténtica gozada!!!

Gracias por seguir participando coas túas receitas no noso blogue cociñeiro, Vicky, e por suposto gracias a súa familia por colaborar e facernos de reporteir@s!

miércoles, 20 de mayo de 2020

NOVAS TORRADAS DIVERTIDAS CRIS 6º #EUQUEDONACASA

BOS DÍAS VIRTUAIS!!!! Outro día que empeza e UN DÍA MENOS a descontar!

Seguimos a recibir resposta ao noso reto de TORRADAS DIVERTIDAS. Desta volta a nosa compi Cris de 6º, animouse a gravarnos un video ao máis puro estilo "influencer".Ben, xa lle gustaría a moitos deses explicarse tan ben como ti o fas!

Sen máis deíxovos co seu video porque está todo moi clariño!

MOITAS GRACIAS CRIS!!!!

martes, 19 de mayo de 2020

PRIMEIRAS TORRADAS DIVERTIDAS MANU, RUBÉN E VICKY #EUQUEDONACASA

QUE ILUSIÓN NOS FAI TER NOVAS VOSAS!!!😍😍
Empezamos a recibir as PRIMEIRAS TORRADAS DIVERTIDAS do noso último reto ALIMENTA-T BALIÑO! 

Hoxe temos as propostas de tres compis do cole.

Dous irmáns visitan o blogue e lanzan as súas torradas para pasar a quenda a outro atrevido ou atrevida que queira explotar a súa imaxinación. Deíxovos as torradiñas feitas por MANU de 3º e máis o seu irmán RUBÉN de 6º.




Como vedes empregaron para as súas torradas, de base crema de cacao e por riba para as súas creacións diversas froitas: plátano, amorodo, kiwi e arándanos.

Por outra banda, temos a VICKY de 3º que tamén se animou a enviarnos as súas torradiñas feitas con moita imaxinación e agarimo.



Que vos parecen? APETIBLES, NON SÍ? Eu creo que vos deixo que vou intentar copiarlles a estes intrépidos cocinitas algunha das súas ideas!

Veña, seguimos agardando as VOSAS PROPOSTAS!!! Quen é o seguinte VALENTE MANITAS??✌👐

viernes, 15 de mayo de 2020

EMPANADA, PAN E BOLOS #EUQUEDONACASA

Seguimos polas nosas casiñas e canta vida lle estamos dando! Temos que seguirlle vendo a parte boa a esta situación. Xa queda UN DÍA MENOS para volver a realidade que ansiamos!

Ollade que superproposta para esta fin de semana, que sempre temos máis tempo!

Hoxe,  a nosa coci-mestra Maite e a súa familia, o seu marido e máis o seu fillo Xacobo, traennos varias receitas empregando masa caseira. EMPANADA, PAN E BOLOS PREÑADOS #EUQUEDONACASA




PAN + EMPANADA 50% Trigo 50% Centeo

INGREDIENTES:
  • 10 kgs de fariña: 5 trigo, 5 centeo
  • Sal gorda
  • Fermento de panadaría
  • Aceite para untar base.
  • Guiso para empanada ao gusto.


PASOS ELABORACIÓN:
  1. Mesturamos as dúas fariñas nunha tina.
  2. Desfacemos en auga morna dous puñados de sal gorda e fermento de panadaría (cando o mercas xa che dan a cantidade precisa para eses kilos)
  3. Facemos un volcán e botamos no medio a auga, e imos xuntándoa coa fariña.
  4. Temos que traballar moito a masa ata que quede un bolo xigante.
  5. Espolvoreamos fariña polas paredes da tina, por debaixo do bolo e por riba.
  6. Tapamos cun pano ben axustado.
  7. Deixamos levedar como mínimo 2 horas.
  8. Cun coitelo imos cortando trozos de masa, estirámolos e facemos as barras.
  9. Colocamos enriba da mesa para que sigan levedando.
  10. Con outro tro de masa, faremos a base da empanada.
  11. Empregamos como base, o papel de dentro dos sacos da fariña (RECICLAXE), onde apoiaremos a masas (untar o papel cun pouco de aceite)
  12. Estiramos cun rodete, botamos o guiso e poñemos outra tapa de masa.
  13. Prememos cos dedos as dúas masas para que selen e logo imos facendo o"ribirón" dándolle voltas cos dedos índice e polgar.
  14. Facémoslle un furado no medio a empanada para que respire e pinchamos cun garfo.
  15. Enfornar:
  16. Primeiro, metemos as barras. Poñemos fariña na pa e metemos no forno.
  17. Por último as empanadas.
  18. As empanadas teñen que estar 1 hora e o pan 1,15 ou 1,30 h, ir ollando!












QUE BARRA MÁIS FEITIÑA AMIGO XACOBO!!!


AII.. ESA EMPANADA TENCHE UNHA PINTA!!!😋😋





MI MADRIÑA!!! QUE BEN FUNCIONA ESTA PANADARÍA!!



E AGORA, TODO PARA O FORNO DE LEÑA!!!

SO QUEDA ESPERAR!!



TAMÉN HAI QUE RECOLLER E LIMPAR TODO!!

E xa para rematar nesta cociña, dinnos tamén que fixeron BOLIÑOS PREÑADOS



Dígovos en serio que se me está facendo boca auga....FAMILIA DE MAITE, ATENDENDES ENCARGOS A DOMICILIO???😂😂😂😂

MOITISIMAS GRACIAS AOS TRES por seguir enchendo de vida esta cociña virtual!! Volvede cando queirades!!!👋



jueves, 14 de mayo de 2020

PIZZA #EUQUEDONACASA

Boísimos días de novo! Un día novo, UN DÍA MENOS! Mil oportunidades para facer que o teu día sexa xenial e enchelo de recordos e vivencias divertidas.👌😉

Par ilo, MATEO, un cociñeiro con moito potencial, envíanos a súa receita de PIZZA CASEIRA #EUQUEDONACASA xa que os seus fogóns non deixan de quecer.

 INGREDIENTES:

  • Vaso e medio de auga.
  • 3 vasiños e un pouquiño máis de fariña (que a masa non quede líquida)
  • unha culler de fermento
  • unha culleriña de sal
  • unha culleriña de aceite
  • tomate
  • queixo raiado
  • xamón york
  • champiñón

PASOS ELABORACIÓN:

  1. Mesturar o fermento coa auga, fariña, sal e aceite e amasar.
  2. Deixar levedar.
  3. Engadir ingredientes ao gusto: tomate, queixo, xamón e champiñóns.
  4. Levar ao forno prequentado.





E LISTAS... xa temos a receita de Mateo para unha cea de venres ou sábado noite con peli e millos de postre.🍕🍴

Como nos gusta verte Mate, volve cando queiras e MOITISIMAS GRACIAS A ÉL E MÁIS A SÚA FAMILIA

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA