Boísimos días!! Aquí seguimos dándolle vida ao blogue coas vosas contribucións. Estamos encantad@s coa participación e a acollida que tivo a proposta das receitas na casiña. Por suposto, como ven sendo de recibo na introducción, dicirvos que xa queda...UN DÍA MENOS! 💪
Hoxe, quixo pasarse por aquí para saudarvos e deixarvos a súa receita outra das nosas mestras, esta, a máis cantarina, a nosa mestra de Música SARA, que nos trae uns deliciosos PETISÚS #EUQUEDONACASA.
Xa co nome "se me fai a boca auga". Pásavos tamén a vós?
INGREDIENTES PARA A CREMA PASTELEIRA:
INGREDIENTES PARA A CREMA PASTELEIRA:
- 600 ml de leite
- azucre vainilla
- cáscara de limón
- canela en rama
- 170 g de azucre
- 60 g maizena
- 2 ovos
- 100 ml leite
INGREDIENTES PARA A MASA:
- 500 ml de auga
- 5 g de sal
- 200 g de manteiga
- 400 g de fariña
- +/- 10 ovos
PASOS ELABORACIÓN:
- Ferver a auga máis o sal e a manteiga.
- Engadir a fariña e escaldar enriba do lume cun pau de madeira (4-5 minutos)
- Arrefriar en mesado.
- Mesturar ovos de 2 en 2 ata punto de escudillado.
- Levar ao forno mínimo a 235º
- Encher con crema ou nata
- Pódese bañar con chocolate ou espolvorear azucre glass.
A que xa estades buscando pola cociña os ingredientes para
facelos? Pois veña, a que agardades? será por tempo!!😂😂
facelos? Pois veña, a que agardades? será por tempo!!😂😂
MOITÍSIMAS GRACIAS SARA, por compartir con nós a túa sobremesa doce!Un pracer, volve cando queiras!
Biquiños virtuais a tod@s!! 💋👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario