Seguimos ON FIRE🔥🔥 no noso blogue cociñeiro. Xa non queda nada e canto estamos aprendendo con vós!!! Sodes FANTÁSTICOS E FANTÁSTICAS!!! UN DÍA MENOS....💃💃
Recibimos de novo a ADRI E A SÚA FAMILIA, que hoxe nos preparan FILLOAS #EUQUEDONACASA
INGREDIENTES:
- 50 ml auga.
- 100 ml leite
- 200 ml de nata
- 2 ovos
- fermento.
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturar todo ben coa axuda dun batedor.
- Ir vertendo pouco a pouco na tixola e dar a forma redondeada. Volta e volta e reservar.
- Un truqui é verter un pouco de aceite na masa e así á hora de facelas xa non se pegan na tixola
- Podes acompañalas do que se queira: chocolate, froita, caramelo, nata, froitos secos...
Esta receita é unha deliciosa e sinxela sobremesa que podes facer en pouquiño tempo e que como nos di esta familia acompañala con froita como plátano, kiwis ou amorodos....PRÓBAAS!!😋
Adri compartiu coa súa irmá Daniela, e... parece que lles gustaron as dúas!!! Vós que opinades??
Gracias de novo Adri por compartir con nós o tempiño de cociña coa túa familia!!! NON deixes de visitarnos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario