jueves, 30 de abril de 2020

CAÑAS CREMA #EUQUEDONACASA

Un día máis é UN DÍA MENOS!!! 👀Aquí seguimos ficando na casiña, pero en movemento para manternos activos en corpo e mente. 

Permítome a licencia de citar aquí as verbas do gran psicopedagogo Francesco Tonucci: "A cociña é un taller científico para os nenos e nenas. deben aprender a cociñar...Así estamos facendo física, química, literatura..." 

Esta reflexión invítanos a reflexionar que hay e existe aprendizaxe en tódalas pequenas cousas, en actividades da vida cotiá... nas nosas casas, hai aprendizaxe!

Hoxe volve polo nosa cociBaliño a nosa compi VICKY de 3º, que nos trae unha receita familiar moi xeométrica (pirámides de crema) para deleitar con nosos nesta ponte do 1 de maio: CAÑAS DE CREMA #EUQUEDONACASA


QUE FELIZ SE CHE VE PEQUENA GRAN COCIÑEIRA!

INGREDIENTES:

Para a masa:

  • 500 gr de fariña
  • 250 cl de auga
  • Fermento de panadaría.
  • unha pizca de sal
  • un pouquiño de aceite de xirasol
  • azucre glas
Para a crema:
  • 2 sobres de flanín.
  • leite
E ademais precisamos moldes de metal.


PASOS ELABORACIÓN:

  1. Mesturar ben todos os ingredientes e amasar ben
  2. Unha vez amasado, deíxase levedar durante 15 ou 20 minutos.
  3. Córtase e enrólase a masa nos moldes.
  4. Nunha tixola con aceite ben quente, fríense e deixamos escurrir nun prato con papel absorbente.
  5. Cando están frías, desmóldanse.
  6. Preparamos a mestura de leite con flanín, remexendo ben e reservando.
  7. Enchémos as cañas co flanín (que debe estar frío, temperatura ambiente)
  8. Sírvense, decorando con azucre glas.


Xa temos lista outra sobremesa que de seguro en tódalas casiñas gusta!!
Vicky deíxanos a súa receita escrita tamén...


MOITÍSIMAS GRAZAS A VICKY e a súa familia, por facer dos seus ratos na cociña, bos ratos no noso blogue cociñeiro.

Esperámosvos sempre neste recuncho!!

BICOS E APERTAS 
VIRTUAIS A MOREAS!!💋💋💋💋👋


miércoles, 29 de abril de 2020

GALLETAS DE MANTEIGA #EUQUEDONACASA

Xa estamos na metade doutra semaniña máis! O tempo non para!⌛⏰Menos mal, porque iso permítenos dicir de novo que xa queda...UN DÍA MENOS!!! Que ben, xa en pouquiño estaremos de novos xuntiños (gardando as distancias, 😂)

Hoxe visítanos a profe do chandal, do movemento, da Educación Física (que NON ximnasia), a profe das palmadas e truquis para nos silenciar e prestar atención, a nosa mestra LAURA (Lau para min) e tráenos unhas deliciosas GALLETAS #EUQUEDONACASA.🍪🍪🍪


Seguide as súas instruccións e a por elas!


INGREDIENTES (30 unidades):

  • 250 gr de fariña
  • 100 gr de azucre 
  • 100 gr de manteiga 
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de fermento en pó.
PASOS ELABORACIÓN:

  1. Prequentar o forno a 180 º. Forrar unha bandexa con papel de forno e reservar.
  2. Mesturar nun bowl a fariña, o azucre, a manteiga, o ovo e o fermento ata ter unha masa.
  3. Verter nun prato azucre. Coller unha culler, facer unha bóla coa masa e pasala polo azucre e aplastar, poñer na bandexa do forno.
  4. Repetir a acción ata rematar a masa.
  5. Cando rematemos, meter ao forno durante 20 minutos aproximadamente. (recordade que depende do forno)
  6. Deixar enfriar.
Xa temos preparadas unhas deliciosas galletas para acompañar as nosas merendas e/ou os nosos almorzos. Podedes completar o voso almorzo cunha froita (laranxa, plátano, arándanos, framboesas, amorodos...) para facelo moito máis saudable.

Animádevos e mandádenos as vosas fotiños!!

MOITÍSIMAS GRACIAS LAU, por compartir con nós a túa receita! Volve cando queiras!!👋👋

BICOS VIRTUAIS💋

P.D. Pasádevos polo blogue da biblio que segue a haber contos e novidades!!! https://ceipmontebalinho.blogspot.com/



martes, 28 de abril de 2020

TIRAMISÚ #EUQUEDONACASA

Os martes, prepárate e dálle!!SIIIII, dálle a túa cociña, dálle a túa creatividade, dálle as novas receitas...! Veñaaaaaa compañeiros e compañeiras que xa queda UN DÍA MENOS!!!👏👏👏 Isto está feito!!Sobra dicir que o estades facendo fenomenal!

Hoxe temos visita polo blogue, o noso profe e dire JOSE (Josito para os que o queremos), traenos a súa receita de TIRAMISÚ #EUQUEDONACASA. Trátase dun postre frío de culler, orixinario de Italia alá polos anos 50.


INGREDIENTES:


  • 400 gr de biscoitos soletilla, por exemplo.
  • 250 g de queixo mascarpone
  • 100 gr de azucre
  • 3 ovos
  • 2 vasos de café 
  • cacao en pó
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Separar as claras das xemas dos ovoso.
  2. Bater as claras con 50 gr de azucre e despois mesturar co queixo.
  3. Mesturar os dous produtos anteriores con coidado para que non baixe a mestura (crema)
  4. Bañar os biscoitos en café, facer unha capa con eles e botar a crema anterior por riba.
  5. Repetir o paso anterior unhas cantas veces (na última capa deixar a crema por riba)
  6. Deixar no frigorífico toda a noite
  7. Antes de servir espolvorear o cacao ao gusto.


E FIN! Xa temos o noso tiramisú caseiro preparado para invitar a toda a familia!

O tiramisú ten moitas variantes para facelo, JOSE hoxe preséntanos a súa. MOITÍSIMAS GRACIAS JOSITO por compartir a túa receita con nós. Deica pronto!

Apertas virtuais!

P.D. NON ESQUEZADES, visitar o blogue da biblio, segue a haber un montón de contos contados por tod@s para celebrar o DÍA DO LIBRO.

lunes, 27 de abril de 2020

REPOLO FRITIDO NA TIXOLA #EUQUEDONACASA


Comezamos semaniña, novo luns, novos obxetivos, novos retos, novas experiencias, novas aprendizaxes e por suposto....UN DÍA MENOS!!!✌ Xa non queda nada valentes, estádelo facendo superben!👍


Hoxe a nosa compañeira, ALEXANDRA, de 2º de Primaria e máis a súa familia, propóñennos unha receita saludable e sinxela REPOLO FRITIDO NA TIXOLA #EUQUEDONACASA

Dicirvos que creo que temos unha nova ARGUIÑANA nos fogóns, ollade que ben se desenvolve entre ingredientes e utensilios a nosa compi (á que lle gravaron un video coma ás grandes cociñeiras e cociñeiros)



INGREDIENTES:
  • Repolo
  • Pementa
  • Aceite
  • Sal
  • Guindilla
  • Allo
  • Cebola

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Picar o repolo e reservar.
  2. Laminamos cebola e reservamos tamén.
  3. Nun pouco aceite nunha tixola, botar a guindilla.
  4. Aos poucos segundos, engadir o repolo e remexer cunha culler de pau.
  5. A continuación, engadimos o allo.
  6. Botamos a cebola e remexemos ben.
  7. Engadimos unha pizquiña de sal.
  8. Deixamos que se faga e dore todo xuntiño.
  9. Retirar e servir.
LISTO! Xa podemos degustalo acompañándoo ou só, ao gusto do consumidor ou consumidora.

MOITÍSIMAS GRAZAS ALEXANDRA e familia, un pracer recibirvos por aquí e xa sabedes, esperámosvos cando vos apetece volver!!!AS PORTAS DO BLOGUE ESTÁN SEMPRE ABERTAS!!!

Bicos e apertas virtuais!!!💋💋💋💋

P.D. VISITADE o blogue da biblio, segue a haber moitas novidades!
https://ceipmontebalinho.blogspot.com/


domingo, 26 de abril de 2020

CESTOS DE MAZÁ #EUQUEDONACASA

Aínda que é domingo, dicirvos que non me esquezo de lembrarvos que xa queda UN DÍA MENOS!!! 🌈🌈Que sodes uns SUPERHEROES E SUPERHEROINAS. 😃

E como se está convertindo en costume, os fines de semana, temos a unha mestra moi activa na súa cociña que esta vez nos envía unha receita de repostería moi orixinal.

A profe MAITE, ensínanos a preparar CESTOS DE MAZÁ #EUQUEDONACASA.

INGREDIENTES:
  • Manzanas Golden

  • Azucre moreno ou panela
  • Manteiga
  • Hojaldre conxelado.

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Previamente, desconxelar unha lámina de hoxaldre a temperatura ambiente (30 minutos)
  2. Lavar e pelar as mazás.
  3. Cocelas en láminas cunha culleriña de azucre e unha culleriña de manteiga.
  4. Unha vez cocida, queda como unha compota, trituralo coa batidora
  5. Deixar enfriar.
  6. Cortar a masa en tiras e facemos cadradiños.
  7. Botamos un pouco de compota nos cadrados.
  8. Unimos as puntas e retorcemos as catro puntas xuntas, dando a forma de cesto.
  9. Cubrimos a fonte do forno con papel de cociña e por riba esporeamos fariña.
  10. Metemos no forno, prequentado a 200º e durante media hora de cocción. (controlar porque depende do forno)
LISTAS PARA PAPAR! Non digades que isto non é ARTE NA COCIÑA!! 








MOITAS GRAZAS MAITE por compartir de novo as túas recetiñas!! Agardámoste cando queiras!!!

Bicos virtuais!💋



sábado, 25 de abril de 2020

PIZZA CASEIRA DANIELA #EUQUEDONACASA

Bos días!! De novo aquí estamos celebrando xuntos que xa nos queda UN DÍA MENOS!!! E seguimos por aquí, espertándovos tódolos días con receitas e diferentes ideas para preparar en familia.
Volvo a agradecer a participación, porque me encanta a vosa receptividade, a vosa enerxía e ver as vosas cariñas de felicidade nas fotos que enviades. NUNCA DEIXEDES DE SORRIR!!😊

Onte tiñamos a Adri e hoxe é súa irmá, DANIELA, que seica estivo acompañada do pequeno da familia, Samu que nos prepararon unha deliciosa PIZZA CASEIRA #EUQUEDONACASA

Hoxe como é sábado, podemos permitirnos caer na tentación de elaborala!!!



INGREDIENTES: 
  • Masa fresca
  • tomate
  • york
  • queixo
  • salchichas
  • mozarella
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Estirar ben a masa (lembrade que a podedes facer caseira con fariña, sal e auga), dando a forma que nos guste: redonda, rectagular...
  2. Estender tomate por riba coa axuda dunha culler.
  3. Engadir rebandas de york, queixo, anacos de salchicha...
  4. Rematar espolvoreando mozzarela ao gusto
  5. Ao forno prequentado a 180º.
  6. Retirar cando esté feita tras pasar 15 minutos máis ou menos.
Detrás desta fotiño atópase o pequeno Samu, que axudou a DANI!!





Daniela, ten unha pintaza a túa pizza!!!😋

E rematado!! Cociña sinxela para todos e todas!!Éxito pizzeiro nestes días!

MOITÍSIMAS GRACIAS A DANI, Samu (seu irmán pequeno) e a súa familia por compartir con nós os seus ratiños na cociña xuntos. Da gusto vervos gozar das cousas máis sinxelas e dos momentos cotiás en familia.

Recordade que vos estamos esperando na nosa cociña cando vos praza!!!

APERTIÑAS E BICOS VIRTUAIS!!👯



viernes, 24 de abril de 2020

HAMBURGUESA CASEIRA #EUQUEDONACASA

Outra semaniña máis que se vai, e UN DÍA MENOS✌✌✌ que nos queda para vernos!!Que emoción!! Non me digades que  non tedes ganiñas de volver ao cole? Aínda que sexa solo por volvernos ver todiños correndo e sendo felices polos nosos recunchos!!AYYYYY!!!

Ben, pois hoxe, temos nova invitada e visitante no blogue Aliméntat-Baliño: ADRIANA de 3º primaria e a súa familia, propóñennos seguir na cociña e desta volta preparar unha deliciosa HAMBURGUESA #EUQUEDONACASA

INGREDIENTES:


  • Carne picada
  • Moi pouco adobo de allo e perexil
  • Sal
  • Pan raiado
  • Xema de ovo
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Mesturar ben a carne co adobo (allo e perexil), un pouco de sal, pan raiado e a xema do ovo.
  2. Aplastar dando a forma de hamburguesa.
  3. Pór nunha tixola un pouco de aceite e facer a hamburguesa.
  4. Preparar un bolo de pan engadindo ingredientes ao gusto: leituga, tomate, cebola, queixo, hamburguesa...





Adri penso que che gusta eh?? Non hai dúbida!! 

E LISTO!! xa podemos gozar do sabor dunha hamburguesa caseira para merendar ou cear coa familia!

A nosa compi Adriana prefire a hamburguesa soa pero os seus papis gústalle acompañala con todos os ingredientes e facela completiña!!!😃😋😋😋😉LAMBÓNS!!ja, ja, ja...

MOITÍSIMAS GRACIAS A ADRI E A SÚA FAMILIA, por participar no reto de compartir a súa cocireceita caseira e por nos mandar estas fotos tan chulas para ver que a nosa compi segue tan sorrinte coma sempre!!

Agardámosvos de novo cando vos pete, porque tedes as portas do noso blogue abertas de par en par!!!Agrádanos recibirvos sempre!!

BIQUIÑOS VIRTUAIS!!💋💋

jueves, 23 de abril de 2020

MANTECADOS #EUQUEDONACASA

Novo día, nova receita e por suposto...UN DÍA MENOS!!! ✨Seguimos ficando na casiña pero iso non vai impedir que nos sigamos vendo por estos lares!Graciñas por seguir confiándonos as vosas receitas e as vosas fotiños familiares! SODES XENIAIS🌈

Hoxe, temos unha nova visitante, VICKY de 3º de primaria, e a súa familia, propóñennos levar a cabo a súa receita de MANTECADOS DA  BISAVOA SILVIA #EUQUEDONACASA. Encántame ver que seguides mantendo as tradicións, nesta ocasión en forma de receita. Alá imos con ela!



INGREDIENTES:
  • 600 gr de fariña
  • 200 gr de azucre
  • 375 gr manteiga
  • 5 ovos
  • un pouquiño sal
  • 200 gr de améndoas moídas
  • 2 planchas de obleas
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Metemos a manteiga no microondas un par de minutos para licuala.
  2. Nun bol mesturamos ben a manteiga, o azucre e os ovos .us
  3. Engadimos a sal, as améndoas e a fariña pouco a pouco e seguimos mesturando. A masa ten que pegarse aos dedos.
  4. Cando a masa esté dura, dáselle forma ao gusto.
  5. Colocación no forno: primeiro ponse a plancha de oblea elogo a masa.
  6. Métese ao forno previamente prequentado e cando estén douradiñas...ESTÁN LISTAS!!
Pois nada, xa tendes traballiño na cociña. A ver se conseguides que vos queden como a Vicky que parece, polas fotos, que non deixou de sorrir!! Así me gusta! ACTITUDE!!!

Aquí vemos a Vicky coas mans na masa ante a mirada inocente dun intrusiño
Vicky mándanos tamén a receita escrita por ela mesma, traballando así ademais de habilidades da vida cotiá, autonomía, valores (familia, colaboración...)... habilidades de expresión escrita (neste caso elaboración dun texto instructivo). Gracias compi!






MOITÍSIMAS GRACIAS A VICKY E A SÚA FAMILIA por compartir a súa receita familiar que vén dende moito tempo atrás, e de seguro, que perdurará no tempo se a seguindes pondo en práctica,

Volta cando queiras compañeira!!! 
Aquí te estaremos agardando!!👋💋

miércoles, 22 de abril de 2020

PIZZAS PAN DE MOLDE #EUQUEDONACASA

Un día novo espertamos coas máis gañas que onte pero menos que mañá de que todo isto remate e volvamos as nosas vidas e as nosas rutinas. Porque sí compañeiros e compañeiras, somos animais de rutinas!Pero é un pracer coma cada día, anunciarvos que xa queda...UN DÍA MENOS!!! Un pouquiño máis de esforzo valentes heroes e heroínas. Seguimos sendo IMPARABLES E INVENCIBLES!!👊👊👌

Hoxe voltan a pasarse pola cociBaliño o noso compi MATEO E SEU IRMÁN, que están moi activos na súa cociña da casiña!! Encántanos!!Tráennos unha receita de PIZZA DE PAN DE MOLDE #EUQUEDONACASA.


INGREDIENTES:
  • pan de molde
  • tomate
  • queixo raiado
  • xamón
  • piña
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Preparar as rebandas de pan que se precisen.
  2. Engadir tomate, queixo raiado, xamón e piña ao gusto
  3. Meter ao forno e controlar un 10 minutos máis ou menos.





LISTAS, SINXELAS, RÁPIDAS E DELICIOSAS! (podedes facer o mesmo pero poñendo de base rodas de calabacín, probade a facelas, de seguro que vos gustan!

MOITISIMAS GRACIAS MATEO E FAMILIA, un gusto ter novas vosas outra vez!! Agradecemos enormemente que nos enviedes todas as propostas que vos apetezan.

Biquiños virtuais!!💋

martes, 21 de abril de 2020

LEITE ASADA #EUQUEDONACASA



Boísimos días a todos e todas!! Isto segue marchando e a nosa cociña segue quentando motores!Así da gusto empezar un novo día no que vos recordo como o día anterior que... xa queda... UN DÍA MENOS!!👏👏🎊🎈

Hoxe recibimos a visita de dous irmáns, MANU (de 3º) e RUBÉN (de 6º), e a súa familia que nos traen a súa receita de LEITE ASADA #EUQUEDONACASA









COCIÑEIRO-COCIÑEIRO, 
LAVA AS MANS, 
ANTES DE PORTE A ELO!









INGREDIENTES:

  • Caramelo
  • Raiadura de limón
  • 8 ovos
  • Azucre (6 culleriñas)
  • 1 litro de leite
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Faise un caramelo con azucre e ponse na base dun molde.
  2. Raiar un limón.
  3. Cáscanse oito ovos nun bol e bátense mesturando coa raiadura de limón.
  4. Botar o litro de leite e vólvese remexer.
  5. Engádese a mestura ao molde con caramelo.
  6. Métese no forno a media altura a 180º durante aprox. 30 minutos.
  7. Para saber cando está feito, probar cravando un coitelo e mirar si sae seco.
CARAMELO NA BASE


OVOS

AZUCRE

LEITE







E agora deixámosvos un video no que os temos aos dous en pleno proceso de traballo e elaboración da súa receita:



Recomendación dos chefs Manu e Rubén: ESTÁ MÁIS RICO FRÍO!!!😋😋

Envíannos tamén a súa receita escrita en papel! Traballiño completo.





MOITÍSIMAS GRACIAS A MANUE E RUBÉN, e máis a súa familia, por compartir a súa coci-receita para todos os Baliños e Baliñas, e demais seguidores do noso blogue! Aquí estaremos esperando outra visita!!👋

Pois nada, xa temos outra receitiña caseira máis para pór en práctica nas nosas casiñas. E como sinalan no final da súa receita estes dous irmáns: Quédate na Casa!!🏠👪👨👧👲👴👵👳👶

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA