Inauguramos luns dunha nova semana e agrádanos informarvos de que xa queda...UN DÍA MENOS!!!✌Comecemos a semaniña con moita enerxía positiva e coa vista posta nos desexos que prontiño imos cumprir!
THIAGO, compi de Infantil e a súa familia, pasan hoxe pola nosa coci-Baliño para nos ofrecer a súa receita de PIZZA INFANTIL CASEIRA #EUQUEDONACASA. 🍕
Repetimos pizza, porque nas vosas casiñas están sendo as protagonistas de moitísimos momentos familiares. Son sinxelas, coloridas e sobre todo riquísimas.
INGREDIENTES:
- masa caseira
- tomate
- queixo
- york
- champiñón
PASOS ELABORACIÓN:
- Preparamos a nosa masa con auga, fariña e sal
- Unha vez lista e ben estiradiña, engadimos salsa de tomate, esparcindo vez por toda a superficie.
- Colocamos o queixo en láminas.
- Engadimos york e champiñon laminado.
- Botamos por riba queixo para gratinar.
- Meter ao forno durante 10/15 minutos controlando porque o tempo dependerá do forno e do groso da nosa masa.
Fixádevos como a mami de Thiago, nos recorda que temos que manipular os alimentos coas MANS BEN LAVADIÑAS!! GRACIAS
E... LISTA!!
Xa podemos disfrutar en familia da nosa pizza caseira!
Animámosvos a probar con diferentes ingredientes... hay infinitas combinacións para preparar as vosas pizzas caseiras, sede orixinais (millo, olivas, atún, piña, espinacas, zorza, champiñóns, tomates en rodas, anchoas, gambas, pemento, polo...)
MOITAS GRACIAS A THIAGO e a súa familia, por pasarse por aquí a compartir as súas cocireceitas!!!
Un saudiño, bicos e apertas virtuais!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario