Un día máis...UN DÍA MENOS!Veña, so queda un pouquiño de esforzo máis para poder vernos de novo e darnos todas esas apertas e bicos que estamos gardando e agardando con tanta ansia! Veña valentes, que seguimos sendo IMPARABLES!!👍
Hoxe temos a un novo compi que asoma a orella por aquí para nos deixar a súa receita e para que vexamos que segue estando estupendamente ben...O noso compi de Infantil, IAN e máis a súa familia, propóñennos facer unha receita que vén dende lonxe, dende Sudamérica, AREPAS #EUQUEDONACASA.
INGREDIENTES:
As arepas elabóranse con fariña de millo xa precocinada, que pode ser branca ou amarela.
A familia de Ian dinos que se pode comprar en calquera supermercado, a máis común é a "fariña de pan".
- 600 ml. de auga.
- 2 tazas e media de fariña,
- sal ao gusto.
- aceite
PASOS ELABORACIÓN:
- Botamos auga nun bol grande e salamos.
- Engadimos a fariña e comezamos a remexer coas mans.
- Imos mesturando/amasando en movementos de fóra cara dentro, de xeito que a fariña absorva complemente a auga e nos resulte unha masa uniforme e compacta. (A masa estará no seu punto óptimo cando non se pegan ás mans)
- Unha vez, teñamos a masa lista, deixamos repousar un par de minutos e imos facendo bolas do tamaño un pouco maior que unha noz (como se fixésemos albóndegas) e aplastámolas ata conseguir unha forma redondeada.
- Como imos a rellenalas, farémolas dun dedo de grosor (1,5 cm) e entre 8-10 cm de diámetro aproximado.
- Se vemos que se nos formou algunha grieta na masa, dámoslle cun pouco de auga e pechámola.
- Poñemos as boliñas xa aplastadas na plancha quene cun chorrito de aceite. Cociñámolas volta e volta, aproximadamente uns 15 minutos.
- Temos que ir mirando que adquiran certo cor dourado, tostado polo exterior.
- Poñémolas nunha bandexa no forno a 220º para que se cozan por dentro durante uns 10/15 min. Así manterán o "crujiente" exterior.
- Imos repetindo o proceso co resto e reservamos nunha fonte.
- Cando as teñamos todas listas podemos enchelas do que nos apeteza. Ábrense as arepas cortando a metade lonxitudinalmente, sen chegar ao fondo e metemos dentro o que queiramo (queixo, york, atún, polo en tiras, aguacate...)
Velaí temos ao noso compi Ian coas máns na masa e con moito estilo!!👀😊
E listo... xa está preparado para probar unha receita diferente e disfrutar comendo!!
MOITÍSIMAS GRAZAS A IAN e a súa familia, 😍por mandarnos a súa receita e por compartir con nós os seus ratiños na cociña e en familia.
Como vos dicimos sempre, encántanos vervos felices e rir porque iso é sinal de que estades ben e é o que nós queremos!! Esta é a maior finalidade para este blogue nesta época de confinamento.
Agardámosvos de novo cando nos queirades visitar!!!
Deica pronto👋
P.D. Non vos olvidedes de visitar o blogue da biblio! Agora mesmo tedes propostas de retos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario