sábado, 11 de abril de 2020

MADALENAS #EUQUEDONACASA

Como sabemos que non vos puidestes ir de vacacións e que seguides na casiña, cumprindo coa nosa obriga de "FICAR NA CASA PARA AXUDAR A AXUDAR", MATEO e seu irmán, envíannos unha receita dunha sobremesa que benseguro nos gusta a todos e todas: MADALENAS #EUQUEDONACASA.


Aiii, que me esquecía...si, si... xa queda....UN DÍA MENOS PARA PODERNOS DAR APERTAS!!!

INGREDIENTES:

  • 4/5 ovos
  • 200 gr de fariña
  • 150gr de azucre
  • a medida dun vaso de iogur de aceite
(Nota: dinnos que antes empregaban manteiga, pero que non teñen). Moi ben, optimizando recursos.
  • 1 sobre de fermento
  • medio limón (se se ten, opcional)
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Verter nun bowl todos os ingredientes.
  2. Prequecer o forno a 180º ou 190º 
  3. Batense pouco a pouco os ingredientes.
  4. Cando está ben batido, verter nos moldes.
  5. Meter ao forno durante aproximadamente media hora (30 minutos)




Vémolos moi atarefados pero á vez felices, e iso é o que máis nos gusta! Atrevédesvos a facer a súa receita....???

MOITÍSIMAS GRACIAS de novo A MATEO e SEU IRMÁN!! Graciñas por compartir os vosos ratiños xuntos na cociña con nós, por nos deixar receitas tan apetecibles e por facernos estar máis preto de vós nestes momentos. 
Un pracer! xa sabedes que sodes ben recibidos cando gustedes!!👋👍💙


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA