Comezamos semaniña, novo luns, novos obxetivos, novos retos, novas experiencias, novas aprendizaxes e por suposto....UN DÍA MENOS!!!✌ Xa non queda nada valentes, estádelo facendo superben!👍
Hoxe a nosa compañeira, ALEXANDRA, de 2º de Primaria e máis a súa familia, propóñennos unha receita saludable e sinxela REPOLO FRITIDO NA TIXOLA #EUQUEDONACASA
Dicirvos que creo que temos unha nova ARGUIÑANA nos fogóns, ollade que ben se desenvolve entre ingredientes e utensilios a nosa compi (á que lle gravaron un video coma ás grandes cociñeiras e cociñeiros)
INGREDIENTES:
- Repolo
- Pementa
- Aceite
- Sal
- Guindilla
- Allo
- Cebola
PASOS ELABORACIÓN:
- Picar o repolo e reservar.
- Laminamos cebola e reservamos tamén.
- Nun pouco aceite nunha tixola, botar a guindilla.
- Aos poucos segundos, engadir o repolo e remexer cunha culler de pau.
- A continuación, engadimos o allo.
- Botamos a cebola e remexemos ben.
- Engadimos unha pizquiña de sal.
- Deixamos que se faga e dore todo xuntiño.
- Retirar e servir.
LISTO! Xa podemos degustalo acompañándoo ou só, ao gusto do consumidor ou consumidora.
MOITÍSIMAS GRAZAS ALEXANDRA e familia, un pracer recibirvos por aquí e xa sabedes, esperámosvos cando vos apetece volver!!!AS PORTAS DO BLOGUE ESTÁN SEMPRE ABERTAS!!!
Bicos e apertas virtuais!!!💋💋💋💋
P.D. VISITADE o blogue da biblio, segue a haber moitas novidades!
https://ceipmontebalinho.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario