Comezamos o martes cunha gran ledicia porque continuamos quecendo motores e recibindo novas e receitiñas vosas. Isto marcha ben e so queda...UN DÍA MENOS!!✌
Hoxe recibimos no noso blogue cociñeiro a un novo compi que gustou en pasarse por aquí para compartir con nós. TOMÁS (de 2º primaria) e a súa familia, propóñennos preparar PIZZA CASEIRA "AO GUSTO TOMÁS" #EUQUEDONACASA.🍕🍕
Madre mía, madre mía... Canto éxito están tendo as pizzas como comida e cea durante estes días, e que mellor que feitiñas na casa e non precociñadas!
- 200 gr de fariña de trigo
- 100 ml auga morna
- 1 culler aceite de oliva
- 5 gr de fermento
- 1 pizquiña de sal
- fariña para espolvorear
RECHEO PARA A MASA:
- tomate frito
- xamón cocido
- atún
- queixo para gratinar
- queixo
- xamón serrano
- olivas
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturamos nunha cunca fariña, sal e fermento.
- Engadimos auga, aceite e amasamos ata que non teña grumos.
- Reposo 30 minutos.
- Logo estiramos a masa cun rodete sobre unha superficie plana previamente enfariñada.
- Engadimos os ingredientes ao gusto
- O noso compi Tomás, puxo tomate frito na base e engadiu queixo, xamón cocido, xamón serrano, atún, olivas e por úlitmo, por riba de todo, queixo para gratinar.
- Co forno prequentando a 180 º a nosa pizza estará lista nuns 10 ou 15 minutos, dependendo do groso da masa.
BON PROVEITO!!! BUEN APETITO!!!
Tomás vese que pasou un ratiño do máis afaneado e divertido coa súa familia na cociña! Gracias por permitirnos vivenciar os vosos momentiños xuntiños aprendendo cousas da vida cotiá.
Ademais tamén nos envían o pdf da súa receita para incorporar ao noso libro de receitas #EUQUEDONACASA, que gardaremos na biblioteca como un bonito recordo desta situación.
MOITÍSIMAS GRACIAS A TOMÁS e a súa familia. Xa sabedes, esperámosvos cando gustedes de novo por aquí.
BICOS E APERTAS VIRTUAIS!!!💋👯
No hay comentarios:
Publicar un comentario