Outra semaniña máis que se vai, e UN DÍA MENOS✌✌✌ que nos queda para vernos!!Que emoción!! Non me digades que non tedes ganiñas de volver ao cole? Aínda que sexa solo por volvernos ver todiños correndo e sendo felices polos nosos recunchos!!AYYYYY!!!
Ben, pois hoxe, temos nova invitada e visitante no blogue Aliméntat-Baliño: ADRIANA de 3º primaria e a súa familia, propóñennos seguir na cociña e desta volta preparar unha deliciosa HAMBURGUESA #EUQUEDONACASA
- Carne picada
- Moi pouco adobo de allo e perexil
- Sal
- Pan raiado
- Xema de ovo
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturar ben a carne co adobo (allo e perexil), un pouco de sal, pan raiado e a xema do ovo.
- Aplastar dando a forma de hamburguesa.
- Pór nunha tixola un pouco de aceite e facer a hamburguesa.
- Preparar un bolo de pan engadindo ingredientes ao gusto: leituga, tomate, cebola, queixo, hamburguesa...
Adri penso que che gusta eh?? Non hai dúbida!!
E LISTO!! xa podemos gozar do sabor dunha hamburguesa caseira para merendar ou cear coa familia!
A nosa compi Adriana prefire a hamburguesa soa pero os seus papis gústalle acompañala con todos os ingredientes e facela completiña!!!😃😋😋😋😉LAMBÓNS!!ja, ja, ja...
MOITÍSIMAS GRACIAS A ADRI E A SÚA FAMILIA, por participar no reto de compartir a súa cocireceita caseira e por nos mandar estas fotos tan chulas para ver que a nosa compi segue tan sorrinte coma sempre!!
Agardámosvos de novo cando vos pete, porque tedes as portas do noso blogue abertas de par en par!!!Agrádanos recibirvos sempre!!
BIQUIÑOS VIRTUAIS!!💋💋
No hay comentarios:
Publicar un comentario