Alaaaaa, que xa comezamos ABRIL, isto vai VENTO EN POPA A TODA VELA!!Outro empuxón máis e xa estaremos xuntiños de novo bicándonos, enchéndonos de apertas, compartindo xogos e risas e disfrutando das pequenas cousas que nos regala a vida. UN DÍA MENOS...!!!👆
E para comezar este novo mes, facéndonos sentir preto, o noso compi MATEO de 1º e a súa familia, facilítannos a súa receita de BISCOITO #EUQUEDONACASA
Ollade as fotos, parece que a Mateo lle gusta estar entre fogóns, mirade como ri!Mateo gústanos verte así de feliz!
BISCOITO
INGREDIENTES:
- 3 ovos
- fariña
- aceite
- leite
- azucre
- fermento
- toque especial de MATEO: pastillas de chocolate
PASOS ELABORACIÓN:
- Verter nun bowl ovos, fariña, aceite, leite, azucre e fermento.
- Bater todo ben.
- Meter ao forno durante aproximadamente 30 minutos.
Xa temos o noso BISCOITO listo para comer!!
Como vedes, con ingredientes fáciles de conseguir nas nosas casas e cun proceso de elaboración ben sinxelo, aquí vos deixamos a mostra de que cociñar é divertido, educativo e nos permite compartir tempo coa nosa familia.
MOITÍSIMAS GRACIAS A MATEO e a súa familia por pasar este ratiño con nós e regalarnos os seus momentos en imaxes.
Mateo tamén fixo a súa receita na libreta! Mirade que clariño nos deixou todo!!👀
P.D. NON OLVIDEDES LAVAR BEN AS MÁNS ANTES DE MANIPULAR ALIMENTOS
Mateo sempre di que lle gusta axudar,todo un cociñero!😘😘😘😘😘
ResponderEliminar