Boas, boas, boas...xa vai quedando moito menos... exactamente UN DÍA MENOS!!Que ganiñas temos de volver a vervos!!👀💓
E nós seguimos a recibir receitas dos rapaces e rapazas do cole e do noso equipo do Monte Baliño. Así da gusto FICAR NA CASA.
Hoxe deleitámosvos coa marabillosa receita de MENCÍA de 2º, que preparou xunto coa súa familia un prato do máis apetecible e cun nome moi gracioso: BACALLAU AO FUS FUS #EUQUEDONACASA
BACALLAU AO FUS FUS
INGREDIENTES:
- 6 anacos de bacallau
- 2 cebolas grandes
- 1 dente de allo
- 2 pementos vermellos
- 2 pementos verdes
- patacas
- 1 vaso de viño branco
- aceite
PASOS ELABORACIÓN:
- Primeiro temos que por a desalgar o bacallau un ou dous días antes (dependendo o grosor) cambiando a auga dúas ou tres veces ao día.
- Picamos as cebolas, o allo e os pementos e sofreímolos. Engadimos o vasiño de viño.
- Cortamos as patacas en rodas finas e fritímolas un pouco.
- Prequentar o forno a 200º.
- Collemos unha bandexa ou un recipiente que imos empregar para o forno e depositamos as patacas no fondo. Por riba, o bacallau coa pel cara abaixo.
- Metémolo no forno durante 30 minutos máis oumenos dependendo do grosor do bacallau.
XA ESTÁ!! LISTO PARA COMER!!!!
Mencía recórdanos que teñamos precaución e NON FAGAMOS COMA ELA, QUE CASE COME TODAS AS PATACAS ANTES DE TERMINAR!!!😂😂😂😂😂😂😋
Era para probar, non sí Mencía????
Mencía tamén comparte con nós como redactou a súa receita empregando as novas tecnoloxías ela soíña. Así nos gusta, que aprendades de todo e vos superedes a vós mesmos!!!NORABOA POLO TEU TRABALLO MENCÍA!
Moitísimas gracias a Mencía e a súa familia por compartir con nós o seu tempo xuntos na cociña. GRACIAS POR REGALARNOS O TEU SORRISO!!😄
Aquí vos agardamos por si queredes mandarnos máis momentos saudables!
Unnnn! Que pintaza Mencia, voute nomear axudanta, ou mellor cociñeira e eu axudo
ResponderEliminarMoitos biquiños, deseando voltar con vos💝💝💝💝💝