domingo, 29 de marzo de 2020

MINI BISCOITOS #EUQUEDONACASA

Outro día menos para volver á normalidade! Xa queda pouco!!!👏👏FORTES E ANIMADOS POR FAVOR!

Hoxe, recibimos a receita de Silvia, a nosa Orientadora, e a súa filla Antía, que está encantada con poñerse máns á masa na cociña. 
Mirade que foto máis simpática nos envían! Na cociña tamén se pode un divertir! Unha imaxe vale máis que mil palabras!!
INGREDIENTES:
  • 3 ovos
  • 1 iogur de limón ou natural
  • aceite de oliva (1 medida do vasiño de iogur)
  • azucre (2 medidas do vasiño de iogur)
  • fariña (3 medidas do vasiño de iogur)
  • 1 sobre de levadura
  • 1 limón
  • fariña e manteiga para untar o molde

Non o estamos recordando moito para non saturar e porque sabemos que o estades facendo pero... 
NON ESQUEZADES LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARAR ALIMENTOS!!👐👐

PASOS PARA ELABORACIÓN:
  1. Cascar os ovos, colocalos nun bowl grande co azucre e bater cunha varilla manual (culler de madeira ou espátula)
  2. Engadir o iogur e o aceite e seguir batendo.
  3. Lavar limón e cun raiador, raiar a casca por enriba da mestura (é importante raiar so a parte amarela do limón)
  4. Tamizar coa axuda dun coador a fariña e a levadura sobre a masa e mesturar ben.
  5. Untar o molde, que pode ser de formas, cun pouco de manteiga, espolvorear con fariña e verter dentro a masa.
  6. Meter ao forno (prequentado a 180 º) durante aproximadamente 40 minutos.
  7. Apagar o forno, retirar os biscoitos e deixar que estén mornos.
  8. Unha vez desmoldado, adórnalo usando a imaxinación.


UMMMMMMMMM... Estame apetecendo facelos xa!!😋
Que pintaza!!

Moitísimas grazas chicas, Silvia e Antía esperamos máis receitas vosas. Seguide pasándoo así de ben! Non olvidedes SORRIR TODOS E TODAS!! Isto pasará!
BO PROVEITO







No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA