Un día máis pero sobre todo....UN DÍA MENOS para que remate todo isto!!!
Axudar e divertirvos na cociña coas vosas familias é unha boa estratexia para pasar o tempo mentres esperamos que este virus nos abandone e poidamos volver a recuperar as nosas vidas e valorar o que realmente importa!!
Veña, que comezamos a animarnos!!Así me gusta! Fagamos doce este encerro!
O primeiro en enviarnos a súa receita #EUQUEDONACASA é o profe Xabi, que moi amablemente comparte con nós esta sobremesa tan apetecible á par que saudable.
PANCAKES PROTEICOS SAUDABLES
INGREDIENTES:
- 50 gr. de avena.
- 100 ml. de claras de ovo (pódense empregar 2 ovos ou 3 e retirarlle as claras)
- unha culler de canela
- un plátano.
- unha culler de levadura
- leite
- cacao en pó.
- stevia
- coco raiado
PASOS PARA ELABORALO:
- Botar nun bowl a avena, as claras de ovo/ovos, a canela, o plátano en anacos e a levadura.
- Bater toda a mestura ben ata que quede o máis líquido posible.
- Preparar unha tixola cunha gotiña de aceite e pór a potencia máxima.
- Cando se quente o aceite, baixar a potencia.
- Verter na tixola unha cantidade da masa que temos reservada e ir facendo as filloas /pancakes de unha en unha.
- Volta e volta e ir retirando para un prato.
Para facer o chocolate precisamos medio vaso de leite moi quente e mesturámolo con 3-4 culleres de cacao engadindo ademais dúas culleriñas de stevia. Removemos e vertémolo enriba das filloas/pancakes.
Para rematar, podes decorar a túa sobremesa, almorzo ou merenda cun pouquiño de coco raiado por riba.
Et voilà!! LISTO... A COMERRRR!!!
MOITAS GRAZAS PROFE XABI POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS MOMENTOS DE COCIÑA EN TEMPOS DE #EUQUEDONACASA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario