O pasado venres os rapaces e rapazas de Infantil e 1º e 2º elaboraron un delicioso batido de fresas🍓 e plátano 🍌 para a súa merenda de recreo.
Primeiro falaron e investigaron sobre os ingredientes, utensilios e pasos para a súa elaboración nun traballo grupal no que tiveron que cubrir unhas plantillas (no caso de Infantil) e redactar unha receita (texto instructivo, no caso de Primaria). Desta maneira, facemos un traballo interdisciplinar: lectoescritura, grafomotricidade, aprender a aprender, habilidades matemáticas (no cálculo das cantidades para un número máis elevado de comensales...
Coma bos cociñeiros e cociñeiras, realizaron a súa proposta alimentaria no entorno do comedor. Fixeron dous grandes grupos, modelados e dirixidos polas súas mestras Ana e Maite.
Alí puxéronxe mans á obra, despois de telas lavado moi ben para manipular con hixiene correcta os alimentos. Recordade SEMPRE LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARACIÓN DE ALIMENTOS.
Pasaron un rato educativo, divertido e moi saudable. Aprenderon que os tentempés poden ser con froita en diferentes versións, coma esta co batido e que non requiren de moito tempo de elaboración, polo que fóra a excusa da economía temporal. O tempo é ouro se o aproveitas!!
DEIXÁMOSVOS OS PASOS SINXELOS PARA FACELO PREPARADOS POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ANIMÁDEVOS A COMER SAUDABLE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario