Mentres tanto, seguénnos a chegar receitas da casiña 🏡.
Desta volta, a nosa mestra Maite, envíanos a receita para facer un rico flan caseiro #EUQUEDONACASA, feito con moito agarimo e con ovos e leite caseiro.
FLAN CASEIRO
INGREDIENTES:
- 1 litro de leite caseiro (das vaquiñas duns amigos de Maite)
- 8 ovos caseiros (das galiñas campeiras da profe)
- 200 gr. azucre
- 1 vaíña de vainilla e limón raiado (opcional)
PASOS ELABORACIÓN:
- Batemos os ovos e máis o azucre.
- Quentamos o leite sen deixar que ferva (engadir vaíña de vainilla ou canela ao gusto, se queremos).
- Mesturamos a mezcla do principio co leite (engadir ao final o limón raiado, se queremos).
- Para facer o caramelo, botamos nun cazo unha culler de auga con 150 gr. azucre.
- Poñemos ao lume e deixamos que se dore (COIDADO!😲que non se vos queime)
- Vertemos o caramelo e a mestura nunha flaneira e metemos ao forno prequentado a 180 º durante aproximadamente 50 minutos. A flaneira ou recipiente ten que estar sumerxido en dous dediños de auga (ben na propia bandexa do forno ou nun recipiente máis grande)
- Desmoldar.
Finalmente, xa podedes gozar co seu sabor nunha sobremesa coa familia, rindo e contando como vos foi o día.
A continuación deixámosvos unhas imaxes das vacas dos amigos de Maite e as súas galiñas (mirade que ben campan ao aire libre, xa queda pouquiño para que nós tamén o fagamos, ÁNIMO!!!!)
Moitas GRAZAS MESTRA MAITE, por compartir un anaco da túa cociña con nós nestes ratiños de #EUQUEDONACASA
Animádevos a enviarnos as vosas propostas de cociña!!Aquí as estaremos agardando!!!
Lambona! Xá lle falta a metade
ResponderEliminarTen que estar boísimo!