miércoles, 30 de noviembre de 2022

SAÍDA CANGAS: PROGRAMA TI SI QUE ES UN BO PEIXE

O pasado martes 29 de novembro, realizamos unha saída a Cangas, actividade enmarcada dentro do proxecta Aliméntate ben e a modalidade Ti si que es un bo peixe. Esta actividade quedara pendente de facer dende o curso pasado polas limitacións xeradas tras a Covid. 

Por fin, este curso puidemos sair do cole, respirar e estar en contacto coa natureza, neste caso co mundo mariño.🐙🐟

A organización foi impecable e adaptouse perfectamente a todo o alumnado que gozou de todas as actividades propostas: visitar ao porto e a lonxa e o mercado. Ate fixemos un simulacro de poxa. Tocamos, ulimos, vimos, escoitamos as explicacións dadas con agarimo e claridade. Agradecemos moitísimo a dedicación destas persoas e o trato que recibimos pola súa parte.... e por suposto, ao final tamén DEGUSTAMOS unha comida deliciosa preparada a base de produtos do mar: empanadiña de polbo, croquetas de algas e unha sobremesa de compota de mazá deliciosa.

Aquí vos deixamos un video con momentos para lembrar este precioso día no que o tempo tamén nos acompañou!!



POr certo, NORABOA a cativada por portarse tan ben na saída!!!


lunes, 21 de noviembre de 2022

CAURELOR: PRODUTOS ARTESANAIS CON FROITOS DA CONTORNA

Este luns, a rapazada de primaria dende 1º ata 6º, fixeron unha saída ao Caurel. 

Un entorno espectacular e especial a nivel paisaxístico, natural e cultural. Esta actividade responde a temática do PDI deste curso escolar: "Miña terra galega"

Que sitio tan bonito, e que mágoa ver esa serra queimada...todos e todas nos demos conta de que aquela cor negra, nos enchía de pena...

Esta actividade permitiunos estar en contacto directo coa Natureza e a terra, ao mesmo tempo que dar conta dos alimentos que obtemos da mesma.



Estivemos na compaña de Dani, membro de Caurelor, unha pequena empresa que se encarga de elaborar produtos alimenticios a partires dunha marabillosa materia prima, como as castañas, ademais doutros froitos!

Explicounos cousas moi interesantes sobre a contorna, o proceso de traballo e a elaboración dos produtos totalmente de xeito artesanal sen conservantes nin insecticidas.

Ao final convidáronnos a unha degustación de diferentes marmeladas: de castaña e chocolate, de amorodos, arandos, froitos vermellos...  Son marmeladas elaboradas artesanalmente con 100% de froita, de exquisito sabor doce, sen azucres engadidos.

Moitas grazas por todo!!!











jueves, 17 de noviembre de 2022

DEGUSTACIÓN FROITOS SECOS

Estamos no OUTONO e a mestra Maite fixo unha proposta a cativada de 1º e 2º que non puideron rexeitar: realizar unha degustación de diferentes FROITOS SECOS.

Antes de nada e como cada vez que imos manipular alimentos, o importante é a hixiene e polo tanto, tocaba lavar ben as mans. Despois preparamos uns pratiños nos que vertemos diferentes froitos secos: cacahuetes, pistachos, améndoas, abelás, noces... Para identificalos, escribimos en tarxetas os nomes de cada un deles e posteriormente, colocámolos nos pratos.










Chegou a mellor parte... 

COMER!! 


Gozamos cunha merenda distinta en compañía dos nosos compis e duns invitados especiais, os compañeiros e compañeiras da aula de 3º e 4º.

Intentamos ser bos anfitrións e anfitrioas!!





martes, 15 de noviembre de 2022

RECOLLIDA KIWIS DA NOSA HORTA

Un ano máis recollemos os kiwis da nosa horta... Que bo é comer o que sementas con agarimo e traballar en equipo todos xuntos!!












jueves, 10 de noviembre de 2022

PREPARANDO E PLANTANDO NA HORTA

 

Canto nos ten dado a nosa hortiña, pero hai produtos aos que se lles acaba a época. Por exemplo, os tomatiños...



Non esquecemos coidar da nosa pequena hortiña no cole de Baliño, que tantos produtos nos da! Así que aquí podedes ver ao grupo de 3º e 4º poñendo a punto un pequeno espazo da horta.



E tampouco nos olvidamos de plantar para poder recoller cando toca. A rapazada de 1º e 2º, tocoulles plantar as leitugas de inverno e as escarolas!! Que ricas  e saudables son as VERDURAS!!









miércoles, 9 de noviembre de 2022

IOGUR NATURAL

A rapazada de 3º e 4º acompañados e supervisados pola súa titora Maite, elaboraron unha receita de Iogur Natural coma antaño se realizaban, dentro da área das Ciencias Naturais na que están a estudar os fermentos.

o iogur é un alimento que se elabora grazas a que hai bacterias que transforman o leite de animais como a vaca. 

Lavaron as mans, vestiron os seus mandís e mans a obra! Que apañados e apañadas! Seguiron as instruccións paso a paso, tal e como volas imos deixar nesta entrada para que o podades realizar nas vosas casiñas. Que hai máis natural que o feito por un mesmo?  E ademais moi san porque non lle engadimos conservantes, nin colorantes nin ningún químico. 

Deixámosvos o PASO A PASO e os INGREDIENTES, ademais das fotos que recollen o momento no que se converteron en "cocinitas". Un traballo en equipo do máis gratificante á par que saudable.

  • INGREDIENTES:
        -1 litro de leite (empregamos leite de vaca         caseiro)
        -1 iogur natural

  • COMOSE FAI:
    • Poñer o leite a quecer ata que ferva, con coidado de que non se bote por fóra do recipiente.
    • Deixar arrefriar e cando o leite estea temperado, botar unha cullerada de iogur e remexer ben.
    • Verter o líquido nun recipiente con tapa, cubrilo co pano de cociña para que non perda calor e deixalo ás escuras, protexido do frío.
    • ou verter en vasiños de cristal, tapar e deixar na iogurteira 12 horas ata o día seguinte.

Por suposto, demos boa conta del, xa que o "zampamos" cando estivo listo nun anaquiño de tempo de ocio.




viernes, 4 de noviembre de 2022

FROITOS DE OUTONO E LÓXICA MATEMÁTICA

 Os/As peque-Baliños están inmersos na experimentación coa chegada da estación do Outono. Coa súa titora Lara, estiveron a crear na aula un espazo adicado ao MUSEO DO OUTONO. Nel foron aparecendo froitos secos propios da época como as castañas e as abelás.

Con eses mesmos elementos, ademais de afondar nas súas características: similitudes e diferenzas... realizamos actividades de lóxica matemática gozando cos números de forma práctica, funcional e divertida.

Ademais tamén explotaron a súa vea máis creativa pintando piñas en equipos: ARTISTAS!!!















jueves, 3 de noviembre de 2022

SABOREA, SABOREA!!: O SENTIDO DO GUSTO

Na aula de 1º e 2º estamos a traballar os sentidos e un dos máis importantes no que a alimentación se refire é o GUSTO.

O profe Jimmy preparou unha actividade para traballar os distintos sabores: doce, amargo, ácedo e salgado. Cada un dos nenos e nenas tiña un platiño con diferentes alimentos: pomelo, chocolate negro, uvas pasas e galletas salgadas. Presentou os alimentos un por un e fomos probando todos e todas á vez o alimento que el dicía. O importante era atreverse e probar alomenos un pouquiño. Fomos todos e todas moi valentes! Posteriormente tiñamos que sinalar a que sabor considerabamos que pertencía. Ao final da actividade, nunha plantilla coloreamos cariñas segundo nos gustara ou non.

Un xeito moi atractivo para ser conscientes dos sabores empregando os sentidos! 









viernes, 28 de octubre de 2022

CABAZAS DE SAMAÍN

 A profe Lara, de Infantil de 4º e 5º, con motivo da celebración doutra das nosas tradicións galegas "O Samaín" faloulles aos seus cativos e cativas que as cabazas podían ter diferentes formas, non so as típicas redondas. Seica hai unhas alongadas que se lles chama CABAZA VIOLÍN Que nome tan curioso e divertido!!

Deixando voar a imaxinación e nun alarde de creatividade pintaron a Violín o que máis lles apeteceu!! Velaquí tedes as fotiños deste momento artista!!!









ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA