lunes, 21 de noviembre de 2022

CAURELOR: PRODUTOS ARTESANAIS CON FROITOS DA CONTORNA

Este luns, a rapazada de primaria dende 1º ata 6º, fixeron unha saída ao Caurel. 

Un entorno espectacular e especial a nivel paisaxístico, natural e cultural. Esta actividade responde a temática do PDI deste curso escolar: "Miña terra galega"

Que sitio tan bonito, e que mágoa ver esa serra queimada...todos e todas nos demos conta de que aquela cor negra, nos enchía de pena...

Esta actividade permitiunos estar en contacto directo coa Natureza e a terra, ao mesmo tempo que dar conta dos alimentos que obtemos da mesma.



Estivemos na compaña de Dani, membro de Caurelor, unha pequena empresa que se encarga de elaborar produtos alimenticios a partires dunha marabillosa materia prima, como as castañas, ademais doutros froitos!

Explicounos cousas moi interesantes sobre a contorna, o proceso de traballo e a elaboración dos produtos totalmente de xeito artesanal sen conservantes nin insecticidas.

Ao final convidáronnos a unha degustación de diferentes marmeladas: de castaña e chocolate, de amorodos, arandos, froitos vermellos...  Son marmeladas elaboradas artesanalmente con 100% de froita, de exquisito sabor doce, sen azucres engadidos.

Moitas grazas por todo!!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA