miércoles, 28 de septiembre de 2022

A VENDIMA E AS UVAS

 Na aula de 4º,5º de Infantil, e liderados pola titora Lara, dado que estamos en setembro e a contorna que nos rodea está intimamente ligada as tradicións da vendima e a elaboración de viños da Ribeira Sacra, decidiron realizar un vendima de uvas de interior.

Relacionando esta tradición co noso PDI deste curso "Miña terra galega", profundizaron nesta temática, coñecendo as uvas, onde nacen, como se recollen e preguntáronse que se podería conseguir a través delas. A mellor forma de dar resposta a este interrogante, foi mediante a experimentación. Realizaron a colleita e coas súas mans e dedos, machacaron as uvas e déronse conta que poderían extraer un zume...neste caso de UVA. 

Unha actividade que pon en marcha tódolos sentidos permitíndolles aprender a través de todas as canles sensoriais, ao mesmo tempo que traballamos motricidade fina e fomentamos a importancia do traballo en equipo.

Grazas peques polo voso traballiño!!!









viernes, 23 de septiembre de 2022

SE SAN QUERES ESTAR, MOITA FROITA DEBES TOMAR!!

Estamos de volta... Volvemos as rutinas que tamén as botabamos de menos! Damos por comezado un novo curso, seguro que cheo de aprendizaxes, experiencias e bos momentos. 

O plan proxecta Aliménta-t ben no que participamos tamén volve, seguimos inmersos nel coma en anos anteriores, co fin de concienciar ao noso alumnado  na importancia dunha alimentación saudable para crecer sans.

Os pequenos e pequenas de Infantil (que son os maiores da súa etapa, xa que xa están en 6º de Infantil) prepararon xunto coa súa titora a mestra Ana, un cartaz con debuxos e cun consello que todos e todas deberiamos ter en consideración: "Se san queres estar, moita froita debes tomar" A que é sinxela para recordar e poder aplicar?? 

Pois anímate coma nós e DALLE Á FROITA!!!!














ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA