lunes, 27 de enero de 2020

SEMANAS DO LEITE NA ESCOLA

Durante as anteriores dúas semanas, no noso cole fixéronse xornadas de reparto de lácteos durante o tempo de lecer  e na hora da comida para os nenos e nenas que o quixeran voluntariamente.

Houbo bastantes "usuarios" que quixeron facer das súas merendas un momento saudable e diferente.

Velaí tedes algunhas fotiños dos lácteos-patios!








sábado, 18 de enero de 2020

KIWIS DA NOSA HORTA

No noso cole contamos cunha pequena horta, da que vos iremos falando en diferentes entradas. 

Nesta ocasión, queremos contarvos que fixemos a recollida dos kiwis das nosas árbores e logo degustámolos de sobremesa no comedor.

Deixámosvos unhas fotos do momento da colleita e da proba no noso comedor. 

ESTABAN DELICIOSOS!!

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA