miércoles, 22 de marzo de 2023

MURAIS FILIPINO FOOD DAY

Días previos á realización do noso especial Filipino Food Day coa teacher Nati e a nosa auxiliar de conversa, elaboramos uns murais en grupos os niveis de 3º/4º, 5º e 6º de Primaria.  Neses murais recollemos toda a información sobre os ingredientes e a forma de elaboración paso a paso, por suposto en Inglés (que xa podedes ver que nos manexamos bastante ben).

Esta actividade foi a toma de contacto co que se viña... mans na cociña e a aprender facendo!!!






martes, 21 de marzo de 2023

SEMENTANDO NO HORTO ESCOLAR

Chegou a primavera ao Baliño e comezamos a sementar no noso pequeno horto que tan boas e saudables produtos nos devolve.

Plantamos leitugas rizadas, porro, pepino e calabacíns... Agora tócanos coidalos e que o tempo atmosférico se atope da nosa parte, para poder recoller os froitos e disfrutalos nos menús que nos elabora o noso cociñeiro no comedor.😋😋😋














miércoles, 15 de marzo de 2023

GANDARÍA PULUÁN S.C. LEITE E QUEIXOS DA NOSA RIBEIRA SACRA

Co gallo do día da Muller 8 de Marzo, recibimos no Baliño a algunhas mulleres do noso entorno que se ofreceron voluntariamente para falarnos dos seus traballos. Entre estas fantásticas mulleres, tivemos o gusto de acoller a Puri, dona xunto co seu marido e fillos dunha explotación leitera familiar en Monforte, na que aproveitan o leite que producen as súas vacas para transformalo en queixos. Como iniciativa distintiva, contounos que maceran algúns dos seus queixos en viños Mencía para aproveitar o prestixio da zona na que se ubican. 

Ademais deste queixo elaboran queixo fresco, semicurado e curado en formatos de kilo e medio kilo.

Explicounos o que fan no día a día na súa explotación, como reparten e colaboran no traballo, cales son os produtos que elaboran e cal e o proceso que seguen... Aprendemos de onde veñen certos alimentos e que detrás do seu consumo teñen un arduo traballo e proceso de elaborado. Fixémoslle moitas preguntas! Pasamos un bo rato xuntos

Despois Puri agasallounos cuns queixiños que ese mesmo día degustamos no comedor acompañados de marmelo para a sobremesa...

Podémosvo recomendar encarecidamente porque estaba delicioso!!!

Moitas grazas Puri e familia!!







lunes, 13 de marzo de 2023

SEMANAS DE REPARTO DE FROITA FRESCA NOS TEMPOS DE OCIO

Dende o luns 13 de marzo e ata o venres 24 de marzo deste curso, procederase ao reparto de froita fresca durante os tempos de ocio.

Esperemos que gocedes comendo froita rica e saudable!!!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA