miércoles, 27 de enero de 2021

PRIMEIRO PERÍODO DE REPARTICIÓN DE LEITE

COMPARTIR É DE SABIOS!!!

Entre os días 29 de xaneiro e 11 de febreiro, ambos inclusive, levarase a cabo o reparto de leite durante o tempo de ocio da mañá como merenda saudable. 🐮🐮🐮

Non o esquezades, aínda que aí estaremos para volo recordar!!

Nota: Os pequenos e pequenas da aula de Infantil, consumirán o leite na súa aula seguindo as medidas de hixiene e seguridade pertinentes.





lunes, 25 de enero de 2021

PRIMEIRO PERÍODO DE REPARTO DE FROITA FRESCA

ATENCIÓN.... URXENTE.... DIFUNDIDE!!

Entre os días 15 de Xaneiro (venres) e ata o próximo 28 de xaneiro (xoves), informamos da repartición de froita fresca durante os tempos de ocio da mañá. 

Cada día unha froita con variedade e segunda a disposición da tempada.🍓🍊🍌🍏🍎🍐🍑

Non o esquezades e por suposto, non volo perdades!

Nota: Os pequenos e pequenas da aula de Infantil, tomarán a merenda froiteira na súa aula, cumprindo coas medidas hixiénicas pertinentes e coa ventilación precisa.



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA