Os máis pequenos e pequenas do Baliño fixeron unha pequena investigación sobre os alimentos máis saudables e os non tan saudables. Despois, e aproveitando material de refugallo (catálogos dos supermercados) elixiron diferentes fotos de alimentos sans para crear uns preciosos manteis para as súas merendas. Por detrás, e dándolle vía libre a imaxinación, escribiron os seus nomes e realizaron un debuxo.
Benvidos ao noso blogue Aliménta-t Baliño. Nel recolleremos todas as actividades e receitas que realicemos dentro do proxecto ALIMÉNTATE BEN no que participamos. O noso obxetivo é concienciar sobre hábitos de alimentación o máis saudables posibles, coñecendo os diferentes alimentos e as súas características e manipulándoos dun xeito o máis atractivo e motivador que poidamos. Animádevos a quedar con nós e seguir as nosas alimenta-aventuras!
Mostrando entradas con la etiqueta SALVAMANTEIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SALVAMANTEIS. Mostrar todas las entradas
jueves, 6 de octubre de 2022
sábado, 9 de octubre de 2021
SALVAMANTEIS EN 4º INFANTIL
OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 3 ANIÑOS, XUNTO COA SÚA MESTRA TAMARA, FIXERON UNS BONITOS E ÚTILES SALVAMANTEIS PARA EMPREGAR DURANTE O TEMPO DA MERENDA.
Para a decoración empregaron diferentes froitas: uvas, kiwis, plátanos, amorodos, arandos, piña, sandía...🍎🍐🍉🍊🍌🍍🍓🍒 Cada un elixiu os que quería e pegounos! Unha tarefa sinxela pero moi vistosa e creativa, ademáis de saudable😋
POÑEN A MESA, MERENDAN E RECOLLEN! 🍴
Cousiña importante ademais da alimentación é que a rapazada adquira hábitos de hixiene e limpeza antes, durante e despois do propio proceso de alimentación. Así que velaquí os tendes gozando deste tempiño xuntos compartindo.
Deixámosvos cos e coas protagonistas: Miro, Odra, Defne, Arón, Anxo, Irene e Thiago.
ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ENTRADA MÁIS RECENTE
-
No anterior trimestre, fixemos unha saída á Granxa Casa da Fonte, preto do noso centro, actividade da ANPA e que enmarcamos dentro do noso...
-
Dende este proxecto do Aliméntat Ben que estamos levando a cabo no noso cole este curso, solicitamos ás familias que deixasen voar a súa im...
-
Boísimos días de novo! Un día novo, UN DÍA MENOS! Mil oportunidades para facer que o teu día sexa xenial e enchelo de recordos e vivencias...

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)