Comeza o 1º período de reparto de LEITE nos tempos de lecer,
dende o 8 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2024
Benvidos ao noso blogue Aliménta-t Baliño. Nel recolleremos todas as actividades e receitas que realicemos dentro do proxecto ALIMÉNTATE BEN no que participamos. O noso obxetivo é concienciar sobre hábitos de alimentación o máis saudables posibles, coñecendo os diferentes alimentos e as súas características e manipulándoos dun xeito o máis atractivo e motivador que poidamos. Animádevos a quedar con nós e seguir as nosas alimenta-aventuras!
Comeza o 1º período de reparto de LEITE nos tempos de lecer,
dende o 8 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2024
Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar. Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.
O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais...
Vaia paparota de merenda!!!
Canto aprendemos e que ben nos trataron...
Repartimos entre o alumnado do Baliño os agasallos de marcapáxinas, cortesía do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) por participar no programa de reparto de froitas e leite líquida de consumo para os escolares.
Moitas grazas polo detalle!!
O mellor regalo é ver a aceptación que a froita ten entre a nosa rapazada!! Graza por contribuir e axudarnos a facelo posible!
Comeza o período de distribución de leite líquido de consumo durante os tempos de lecer dende o día 11 de abril de 2023.
Esta distribución é posible, grazas a participación na convocatoria de axudas destinadas a suministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o presente curso 2022-23, xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), dependente da Consellería do Medio Rural.
Co gallo do día da Muller 8 de Marzo, recibimos no Baliño a algunhas mulleres do noso entorno que se ofreceron voluntariamente para falarnos dos seus traballos. Entre estas fantásticas mulleres, tivemos o gusto de acoller a Puri, dona xunto co seu marido e fillos dunha explotación leitera familiar en Monforte, na que aproveitan o leite que producen as súas vacas para transformalo en queixos. Como iniciativa distintiva, contounos que maceran algúns dos seus queixos en viños Mencía para aproveitar o prestixio da zona na que se ubican.
Ademais deste queixo elaboran queixo fresco, semicurado e curado en formatos de kilo e medio kilo.
Explicounos o que fan no día a día na súa explotación, como reparten e colaboran no traballo, cales son os produtos que elaboran e cal e o proceso que seguen... Aprendemos de onde veñen certos alimentos e que detrás do seu consumo teñen un arduo traballo e proceso de elaborado. Fixémoslle moitas preguntas! Pasamos un bo rato xuntos
Despois Puri agasallounos cuns queixiños que ese mesmo día degustamos no comedor acompañados de marmelo para a sobremesa...
Podémosvo recomendar encarecidamente porque estaba delicioso!!!
Moitas grazas Puri e familia!!
A rapazada de 3º e 4º acompañados e supervisados pola súa titora Maite, elaboraron unha receita de Iogur Natural coma antaño se realizaban, dentro da área das Ciencias Naturais na que están a estudar os fermentos.
o iogur é un alimento que se elabora grazas a que hai bacterias que transforman o leite de animais como a vaca.
Lavaron as mans, vestiron os seus mandís e mans a obra! Que apañados e apañadas! Seguiron as instruccións paso a paso, tal e como volas imos deixar nesta entrada para que o podades realizar nas vosas casiñas. Que hai máis natural que o feito por un mesmo? E ademais moi san porque non lle engadimos conservantes, nin colorantes nin ningún químico.
Deixámosvos o PASO A PASO e os INGREDIENTES, ademais das fotos que recollen o momento no que se converteron en "cocinitas". Un traballo en equipo do máis gratificante á par que saudable.
Por suposto, demos boa conta del, xa que o "zampamos" cando estivo listo nun anaquiño de tempo de ocio.
Para ir rematando este curso tan intenso e coas altas temperaturas que estamos tendo 😎😅, ocorréusenos preparar un delicioso batido saudable para refrescar os nosos últimos días de cole.
Así que... dito e feito! A rapazada de 1º e 2º de primaria, moi disposta por certo, foi quen se encargou de todo. Decidimos facer un batido cos seguintes ingredientes: 🍎🍌🍍
Este venres durante o tempo de ocio, ademais de merendar con froita (coma en tódolos recreos no Monte Baliño), tivemos unha sorpresa....
BATIDO DE IOGUR E FRAMBOESAS 😋😋
Estaba deliciosamente rico!!
Podedes animarvos a preparalo, non pode ser máis sinxelo! So precisades, collede nota: leite, iogur natural (tamén empregamos iogur sen lactosa, para os intolerantes) e framboesas ben lavadiñas e fresquiñas. Bater todo xunto e listo!!!
Como vedes no Baliño, montamos unhas merendas moi saudables!!
Como sempre aquí vos deixamos fotiños para dar envexa... Sa eh!
Entre os días 3 DE MAIO E 14 DE MAIO, ambos inclusive, levarase a cabo o reparto de leite durante o tempo de ocio da mañá como merenda saudable. 🐮🐮🐮
Non o esquezades!!
SORPRESA! Quizais lle engadamos algún día cacao!🍫
Nota: Os pequenos e pequenas da aula de Infantil, consumirán o leite na súa aula seguindo as medidas de hixiene e seguridade pertinentes.
Seguimos a recibir propostas saudables dende as nosas aulas e grazas ao noso alumnado e as súas mestras e mestres.
A nova proposta, de seguro vos vai encantar: polo sinxela que é de facer, polo pouquiño tempo que require, polo rica que está e polo pracer de comer algo feito por nós mesmos. Desta volta, a rapazada de 1º e 2º xunto con Maite, ensínannos a elaborar IOGUR NATURAL CASEIRO.
Por suposto, respetamos todas as normas hixiénicas esixidas, sobre todo non esquecemos ter as mans moi, moi limpas!!
Poñede todos os vosos sentidos en marcha e atendede a receita:
INGREDIENTES
-1 LITRO DE LEITE ENTEIRA
-50 GR DE LEITE EN PÓ
-1 IOGUR NATURAL
ELABORACIÓN
1. Quentamos o leite a 60 º
2. Engadimos o leite en pó e remexemos
3. Botamos o iogur e seguimos remexendo.
4. Cando todo estea ben mesturado, coa axuda dunha xerra, vertemos o contido nuns vasiños de cristal.
6. Colocámolos na iogurteira e deixámolos quecer 24 horas.
7. Por último, metémolos a enfriar no frigorífico ata o día seguinte.
Asegúrovos que están boísimos... unha servidora tivo o gusto de probalos. Grazas por compartilo rapaces e rapazas!
Queredes ver como o fixeron e como o "paparon" ??
Os pequenos e pequenas do Baliño, alumnado de Infantil, son grandes "comedores" de froita. En xeral, encántalles!
Desta volta, decidiron preparar a súa merenda, tentempé da mañá eles mesmos e en versión líquida. Con fresas, plátano e leite, elaboraron un fresquiño e apetecible BATIDO🍓🍌
Que ben se sinte un e que ben sabe se te preparas ti mesmo xunto cos compis a merenda!!! Obviamente non perdemos de vista cumprir con tódalas medidas hixiénicas necesarias: lavado de mans, uso de tapabocas, distancia de seguridade durante a degustación (dentro do noso grupo burbulla de convivencia)
Como nos vos podemos dar a proba, deixamos que vexades cal foi o proceso e como nos poñemos as botas!!
Así celebramos a chegada de primavera🌼🌼🌼🌼🌼🌼
COMPARTIR É DE SABIOS!!!
Entre os días 29 de xaneiro e 11 de febreiro, ambos inclusive, levarase a cabo o reparto de leite durante o tempo de ocio da mañá como merenda saudable. 🐮🐮🐮
Non o esquezades, aínda que aí estaremos para volo recordar!!
Nota: Os pequenos e pequenas da aula de Infantil, consumirán o leite na súa aula seguindo as medidas de hixiene e seguridade pertinentes.
Pois deste xeito atallaron os nosos peques de 5º de educación Infantil o tema do almorzo, seleccionando cales eran os alimentos máis saudables e aconsellables para comezar a mañá con moita enerxía.
Ana, a súa mestra, explicoulles cales eran as vantaxes e inconvintes de elixir un ou outro para o noso almorzo e para a nosa saúde... Quedoulles "claro, clarinete" que o exceso de azúcares era pouco recomendable.
Velaquí os tendes traballando na tarefa!