martes, 3 de diciembre de 2019

3 DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES

Hoxe é un día especial, un día adicado a visibilizar que as diferencias enriquecen e que o respeto polas mesmas nos une, o 
"DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS  CON CAPACIDADES DIFERENTES"


Que sorte que todos e todas sexamos diferentes porque así realmente podemos aprender uns dos outros!
Ademais doutras actividades levadas a cabo durante este día no noso cole (que podedes visionar no blogue BIBLIO-BALIÑO con acceso directo dende a web da escola), tamén tivemos no recreo unha merendola de froitas e froitos de outono (peras, mazás, mandarinas, laranxas, caquis, améndoas, pistachos, abelás, noces...) que todos xuntos compartimos. Nenas e nenas participaron dun anaquiño de tempo saudable durante o seu tempo de lecer, baixo un lema que dicía:

"COMA AS FROITAS, 
TODOS SOMOS IGUAIS,
PERO DIFERENTES"

Non debemos esquecer que
"Todo o mundo é un XENIO pero se xuzgas un peixe pola súa habilidade para trepar a unha árbore, vivirá toda a súa vida pensando que é un inútil" 
(A. EINSTEIN)


domingo, 1 de diciembre de 2019

ZUME DE LARANXA

O venres na aula de Infantil, preparamos a nosa propia merenda. Unha merenda moi saudable e moi sinxela na que os nenos e nenas participaron moi activamente e cunha ilusión enorme.

Fixemos un riquísimo ZUME DE LARANXA!

Para comenzar, a profe Ari ensinounos dúas froitas, uns cítricos: limón e laranxa. Empregamos os nosos sentidos para coñecelas: tacto, olfacto e vista. Entre todos, sinalamos as súas semellanzas e diferencias, e a profe anotounas nun word na pizarra para despois repasalas. Tamén trouxemos un marmelo, só un neno sabía o que era pero non recordaba o nome. Díxonos que o comía con queixo fresco...Efectivamente, así está boísimo!
Antes de realizar o noso zume de laranxa, escribimos na pizarra cales eran os pasos para elaborar a nosa pequena receita, e por suposto, como bos cociñeiros e cociñeiras, non esquecemos que o primeiro que temos que facer cando manipulamos a comida é LAVAR AS NOSAS MANS.


PASOS PREPARACIÓN:

  1. Lavar ben as mans.
  2. Cortar as laranxas pola metade.
  3. Espremer co espremedor eléctrico.
  4. Verter nunha xerra.
  5. DEGUSTAR!!




CREACIÓNS OUTONO

Dende este proxecto do Aliméntat Ben que estamos levando a cabo no noso cole este curso, solicitamos ás familias que deixasen voar a súa imaxinación e creatividade para realizar cos diferentes elementos naturais de outono que nos ofrece o entorno as figuras e creacións máis tolas que se lles ocorresen.

A vosa resposta foi espectacular! Nenas e nenos, chegaron cada día cun sorriso cheo de satisfacción coas súas obras familiares nas mans para a nosa exposición no comedor.

Empregastes follas, landras, castañas, noces, millo, piñas... e sobre todo empregastes o voso tempo e ilusión en traballar xuntos. 

Ademais de pretender este obxectivo de intentar que compartises uns momentos divertidos, queremos dar a coñecer os froitos que o outono nos proporciona (noces, abelás, castañas...)

A exposición permanecerá durante uns días no noso comedor para que todos e todas poidan ver os traballos dos compañeiros e compañeiras.

MOITÍSIMAS GRACIAS POLA PARTICIPACIÓN E POR DEIXARNOS APRECIAR O ARTE DO NATURAL!!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA