O venres na aula de Infantil, preparamos a nosa propia merenda. Unha merenda moi saudable e moi sinxela na que os nenos e nenas participaron moi activamente e cunha ilusión enorme.
Fixemos un riquísimo ZUME DE LARANXA!
Para comenzar, a profe Ari ensinounos dúas froitas, uns cítricos: limón e laranxa. Empregamos os nosos sentidos para coñecelas: tacto, olfacto e vista. Entre todos, sinalamos as súas semellanzas e diferencias, e a profe anotounas nun word na pizarra para despois repasalas. Tamén trouxemos un marmelo, só un neno sabía o que era pero non recordaba o nome. Díxonos que o comía con queixo fresco...Efectivamente, así está boísimo!
Antes de realizar o noso zume de laranxa, escribimos na pizarra cales eran os pasos para elaborar a nosa pequena receita, e por suposto, como bos cociñeiros e cociñeiras, non esquecemos que o primeiro que temos que facer cando manipulamos a comida é LAVAR AS NOSAS MANS.
PASOS PREPARACIÓN:
- Lavar ben as mans.
- Cortar as laranxas pola metade.
- Espremer co espremedor eléctrico.
- Verter nunha xerra.
- DEGUSTAR!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario